Eddie Daniels
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1941 (83 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Fiorello H. LaGuardia High School (en) Berklee College of Music |
Actividade | |
Ocupación | clarinetista, músico de jazz, saxofonista |
Período de actividade | 1950 - |
Xénero artístico | Jazz |
Instrumento | Clarinete e Saxofón |
Selo discográfico | Muse Records (en) Prestige |
Páxina web | eddiedanielsclarinet.net |
Eddie Daniels, nado o 19 de outubro de 1941 en Nova York, é un músico e compositor norteamericano. A súa faceta máis coñecida é a de clarinetista de jazz, porén tamén toca o saxofón soprano, alto e tenor. Así como compaxina o jazz coa música clásica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daniels naceu no seo dunha familia xudía, sendo a súa nai orixinaria de Romanía. Creceu no barrio Brighton Beach de Brooklyn.
De adolescente comezou a interesarse no jazz cando veu a músicos que acompañaban a cantantes como Frank Sinatra, nas súas gravacións. O primeiro instrumento que tocou Eddie foi o saxofón alto e, a idade de 15 anos, xa tocara no concurso xuvenil Newport Jazz Festival.
Na facultade foi cando comezou a tocar o clarinete.
Daniel fixo varias xiras e gravacións con diferenes bandas, pequenos grupos e orquestras, aparecendo en televisión nalgunha ocasión.
A partir do ano 1980 céntrase principalmente no clarinete. Nesta década, 1989, gañou o Grammy por tocar Memos fron Paradise de Roger Kellaway.
Eddie Daniels tamén tocou con Thad Jones e recentemente foi o artista convidado na Big Path Band de Gordon Goodwin para participar no álbum Swingin' for the fences, o primeiro da banda. Participou no arranxo de Goodwin da 40 Sinfónica en sol menor de Mozart no álbum XXL e no álbum da Big Path Band The Path Pack a canción Under the wire.
No ano 2009o compositor e saxofonista suízo Daniel Schnyder compuxo o Concerto para clarinete e orquestra MATRIX 21 adicado a Eddie Daniels. Este concerto foi encargado pola Orchestre de Chambre de Lausana (Suíza) e polo que foi premiada e mundialmente recoñecida en xaneiro de 2010 en Lausana baixo a dirección de Christian Zacharias. En Estados Unidos estreouse o 18 de xullo de 2010 baixo a batuta de Jens Georg Bachmann.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Con George Benson e Joe Farrell.
- Benson & Farrell (CTI, 1976)
- Con Yusef Lateef.
- 10 Years Hence (Atlantic, 1974)
- Con Airto Moreira.
- Virgin Land (Salvation, 1974)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eddie Daniels |