Doutrina Carter
A Doutrina Carter foi unha política proclamada polo presidente dos Estados Unidos Jimmy Carter no seu discurso do Estado da Nación o 23 de xaneiro de 1980, que declarou que Estados Unidos usaría a forza militar, se é necesario, para defender os seus intereses nacionais no Golfo Pérsico.
Foi unha resposta á intervención de Afganistán pola Unión Soviética en 1979, e tiña a intención de disuadir a Unión Soviética, adversario da guerra fría, e de buscar a hexemonía no Golfo.
A sentenza seguinte, clave desta doutrina, foi escrita por Zbigniew Brzezinski, asesor de Seguridade Nacional do presidente Carter:
"Let our position be absolutely clear: An attempt by any outside force to gain control of the Persian Gulf region will be regarded as an assault on the vital interests of the United States of America, and such an assault will be repelled by any means necessary, including military force.""Deixemos a nosa posición clara: un intento de gañar o control da rexión do Golfo Pérsico por algunha forza exterior será visto como un asalto aos intereses vitais dos Estados Unidos de América, e, como calquera outro asalto, este será repelido por calquera medio necesario, incluíndo a forza militar.
Brzezinski arranxou o texto da Doutrina Truman,[1] e insistiu en que a sentenza incluída no discurso debería "deixar moi claro que os soviéticos deben permanecer afastados do Golfo Pérsico".
No libro "The Prize: The Epic Quest for Oil, Money, and Power", o autor Daniel Yergin sinala que a Doutrina Carter "reflectía sorprendentes similitudes" a unha declaración británica de 1903, na que o secretario de Relacións Exteriores británico Lord Landsdowne advertiu a Rusia e Alemaña que os británicos " consideraban que o estabelecemento dunha base naval ou dun porto fortificado no Golfo Pérsico por calquera outra potencia supoñía unha gravísima ameaza para os intereses británicos, e oporíanse con todos os medios á súa disposición ".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brzezinski, Zbigniew. Power and Principle: Memoirs of the National Security Adviser, 1977-1981. Nova York: Farrar, Straus, Giroux, 1983. ISBN 0-374-23663-1. páx. 444.