Saltar ao contido

Donut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Donuts recubertos dunha camada de dextrosa.
Un donut de chocolate.

Un donut (do inglés doughnut, pronunciado /ˈdoʊnət/ ou /ˈdoʊnʌt/ ) é unha clase de rosquilla[1] ou biscoitiño doce en forma de rosca cuberto de azucre derretido, chocolate ou outros sabores. É típico dos Estados Unidos, aínda que se ten popularizado por todo o mundo, incluíndo Galiza. A súa orixe é a rosquilla europea.

Dough, doughnut e a simplificada donut son verbas inglesas que definen unha pasta azucrada de forma arredondada e, xeralmente, cun buraco no medio e medio (rosca). De feito dough significa masa ou pasta e nut refírese ao buraco central. Suponse que os colonos neerlandeses do século XVII foron os responsábeis da súa introdución nos Estados Unidos.[2]

Unha das teorías da orixe do furado asegura que foi introducido no 1847 polo mariñeiro Hansen Gregory que, farto de que os donuts do barco tivesen o centro cru, colleu un saleiro de lata e cravouno no centro da masa coma se fose un molde.[2]

Á pasta dáselle forma de toro ou rosca e despois é frixida. Ás veces o donut ten forma de bóla, sen buraco. En España, as marcas Donut™, Donuts™ e Doughnuts™ pertencen a Panrico.[3]

Un donut de chocolate é un donut cuberto e/ou recheo de chocolate. Pódese considerar que hai diversos tipos segundo como leven o chocolate, o tipo de donut e a cantidade de chocolate.

O nome doughnut (literalmente "noz de pasta"), en inglés, foi utilizada por vez primeira nunha historieta, que dicía "fire-cakes and dough-nuts".[4]

A popularidade dos donuts no mercado español chegou en 1962, cando o empresario catalán Andreu Costafreda creou a Donut Corporation para a fabricación e comercialización do produto.[2] A verba donut, non recollida nos dicionarios de galego, vén a partir da marca comercial, galeguizando a grafía a partir da palabra inglesa doughnut.

Existen no mundo varias franquías especializadas en donuts, coma Dunkin, Baskin Robbins ou Donut King, entre outras.

[editar | editar a fonte]

Os donuts son moi populares na serie de animación estadounidense Os Simpson, onde Homer Simpson é todo un afeccionado. Isto leva a moitas bromas e referencias á súa predilección esaxerada. O Récord Guinness do maior donut da historia bateuse na cidade australiana de Sydney, no ano 2007, co gallo da estrea de The Simpsons Movie.[5]

  1. Definición no Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=rosquilla&sinom=0&homonimo= Arquivado 26 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 2,2 Brotons, Ròmul (2010). El triomf de la imaginació, 60 invents que han canviat el món (o gairebé). Barcelona: Albertí Editor. pp. 62–63. ISBN 978-84-7246088-1. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2014. 
  3. "Panrico és l'única propietària legítima de les marques Dònut, Donuts i Doughnuts". 3cat24.cat. 
  4. Originals, Selections, &C. for the Times. Sketches and Views-No. V; The Times, páx. 29, vol. I, ex. 8; 30 de xaneiro, 1808; Boston, Massachusetts.
  5. "World's largest D'oh Nut | News.com.au". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 25 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]