Dentro do labirinto
Dentro do labirinto | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Labyrinth |
Director | Jim Henson |
Produtor | George Lucas Eric Rattray David Lazer |
Guión | Terry Jones Elaine May |
Intérpretes | David Bowie Jennifer Connelly Toby Froud David Goelz Natalie Finland Shelley Thompson Christopher Malcolm Frank Oz Ron Mueck |
Música | David Bowie Trevor Jones |
Fotografía | Alex Thomson |
Montaxe | John Grover |
Estudio | Henson Associates Lucasfilm |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 1986 |
Duración | 101 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Aventuras, Fantasía |
Orzamento | $25 000 000[2] |
Recadación | $12 729 917 |
Na rede | |
http://lucasfilm.com/labyrinth | |
Dentro do labirinto (en inglés: Labyrinth) é un filme británico/estadounidense de fantasía dirixido Jim Henson (o creador dos Teleñecos), producido por George Lucas, e deseñado por Brian Froud.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sarah é unha rapaza de quince anos que queda encargada de coidar o seu medio irmán Toby. O pequeno non deixa de chorar e Sarah nun arranque de carraxe pídelle (sen pretendelo) ó Rei Goblin, un personaxe do seu libro favorito, que leve con el o seu irmán. Finalmente o seu desexo faise realidade e o Rei Goblin, Jareth, amósase diante dela dicíndolle que para recuperar o seu irmán ten 13 horas nas que debe resolver o seu labirinto e chegar ata o seu castelo para evitar que Toby se converta nun goblin. Jareth trata de impedir que Sarah chegue á meta, e ponlle probas con xogos mentais, difíciles adiviñas e innumerables trampas ó longo do labirinto, que cambia constantemente. Grazas a iso, Sarah coñecer�� os habitantes do labirinto e fará novas amizades que a axudarán na súa aventura. Sarah atópase nunha encrucillada na que debe decidir o seu camiño na vida real, é dicir, enfrontarse á realidade de que xa non é unha nena.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jennifer Connelly como Sarah Williams: unha rapaza de 15 anos.
- David Bowie como Jareth, o Rei dos Goblins.
- Toby Froud como Toby Williams
- Shelley Thompson como Irene Williams
- Christopher Malcolm como Robert Williams
- Shari Weiser (Brian Henson, voz) como Hoggle
- Ron Mueck/Rob Mills (Ron Mueck, voz) como Ludo
- Dave Goelz, David Barclay (David Shaughnessy, voz) como Sir Didymus
- Steve Whitmire, Kevin Clash (Percy Edwards, voz) como Ambrosius
- Karen Prell (Timothy Bateson, voz) como O Verme
- Frank Oz (Michael Hordern, voz) como O sabio
- Dave Goelz (David Shaughnessy, voz) como O sombreiro paxaro do Sabio
- Karen Prell (Denise Bryer, voz) como A dama non desexada
- Warwick Davis como Goblin
- Steve Whitmire, Kevin Clash, Anthony Asbury, Dave Goelz (Anthony Jackson, Douglas Blackwell, David Shaughnessy, e Timothy Bateson, voces) como Os Catro Gardas (Alph, Ralph, Jim e Tim)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (24 de xuño de 1986). "Labyrinth (U)". Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)