Saltar ao contido

Conversa:Palaeognathae

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Optei provisionalmente por poñer como título o termo taxonómico latino porque non está claro se se debe adaptar como paleognatos ou paleógnatos. Ocorre o seguinte:

  • No Dicionario da Real Academia Galega non aparece esta palabre, pero si ágnato (vertebrados sen mandíbula, co prefixo grego negador "a"). Tamén aparece outra palabra que non ten nada que ver, agnato, que significa 'nacido ao lado' ou 'nacido despois de feito o testamento', que contén a preposición latina "ad", reducida a "a". Estas dúas solucións coinciden co portugués.
  • No dicionario DiGalego e no BUSCatermos usan a forma agnato, sen acento, para os vertebrados sen mandíbulas. Tamén atopei no DiGalego quetognato, que na Galipedia a páxina denomínase quetógnatos.
  • Se seguimos o exemplo de ágnato da Academia, parece lóxico que teriamos que dicir paleógnatos. Isto tamén sería aplicable a neógnatos, páxina que na Galipedia está feita co nome neognatos. Pero non sei se isto afectará só a palabras co prefixo grego "a" (aínda que hai de todo: ágrafo ou ápodo fronte a ateo ou afelio).
  • En canto ao xénero, os taxons adoitan ser masculinos (cánidos, lepidópteros, frinxílidos...), polo que se adaptaría tamén en masculino, paleógnatos. Porén, se hai que facelo concordar con outra palabra pode ser que teña que ir en feminino, como en aves paleognatas ou no Cretáceo orixináronse varias liñaxes paleognatas, porque as palabras ave e liñaxe son femininas. Esta concordancia en feminino é frecuente porque son aves e a palabra ave é feminino, pero o nome do taxon é masculino.
Se alguén sabe seguro ou atopa referencias de paleognatos/paleógnatos e neognatos/neógnatos podemos máis tarde cambiarlle o nome á páxina, poñendo o nome común adaptado.--Miguelferig (conversa) 28 de xuño de 2020 ás 12:31 (UTC)[responder]

Agora atopei na Enciclopedia Galega Universal unha referencia para paleognatos.--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2020 ás 21:14 (UTC)[responder]