Conversa:O Grove
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]- Os últimos engadidos no apartado música son moi pouco enciclopédicos, tanto na súa redacción como na súa relevancia aínda que neste último caso eu non podo determinalo.--Xián (conversa) 14:07, 5 de xuño de 2012 (UTC)
- Retirei do artigo eses engadidos, dado que mesmo había o nome ou alcume dunha pesoa que non aparecía nin en unha soa referencia en internet e o ton era claramente de eloxio, xa para non falar que non tiña unha soa referencia para determinar a súa relevancia, todo iso fai que haxa sospeitas de promoción.--Xián (conversa) 14:36, 5 de xuño de 2012 (UTC)
- Volvo retirar o contido da sección "Cultura". Non é unha información enciclopédica nin -no tema da Literatura reflicte minimamente a realidade do Grove no referente a escritores. Na sección "Música" recoñezo o meu descoñecemento dos grupos musicais mecos actuais, pero non semellan de relevancia enciclopédica, polo menos por agora. A mera existencia de grupos indie, ou o que sexan, actuais ou pasados, non abonda para entrar nunha enciclopedia. Ademais, o texto estaba inzado de apreciacións e opinións personais: "O Grove destaca pola gran cantidade de bandas que aporta ao panorama musical galego actual", "xa consolidados a nivel europeo", "A súa carreira en solitario atópase nunha ascensión meteórica", "éxito en canto a público, calidade e promoción", "música menos comercial e máis auténtica". Aínda así, conservo o texto borrado por se pode ser aproveitable no futuro. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 5 de xuño de 2012 (UTC)
- Retirei do artigo eses engadidos, dado que mesmo había o nome ou alcume dunha pesoa que non aparecía nin en unha soa referencia en internet e o ton era claramente de eloxio, xa para non falar que non tiña unha soa referencia para determinar a súa relevancia, todo iso fai que haxa sospeitas de promoción.--Xián (conversa) 14:36, 5 de xuño de 2012 (UTC)
Superficie das parroquias
[editar a fonte]Retiro da sección "Demografía", a afirmación de que a parroquia do Grove sexa maior que a de San Vicente ("Divídese en dúas parroquias: a de San Martiño, que comprende o casco urbano, a illa da Toxa e a maior parte do territorio, e a de San Vicente, ó oeste da península"). Non teño nin idea do que pode medir cada das dúas parroquias, pero abonda con botar un vistazo ó mapa. Para os foráneos, a parroquia de San Vicente, en vermello; e a de San Martiño, en gris. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 21:42 (UTC)
- Xa apareceu o dato: 6,0 km2 a parroquia de San Martiño, fronte a 14,52 km2 a de San Vicente (Galicia en Comarcas. 20. Ría de Arousa, Ir Indo, 2005, px. 91). Pedro --Lameiro (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 22:46 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en O Grove. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080509081741/http://www.ogrovedixital.com/ á ligazón http://www.ogrovedixital.com/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de marzo de 2019 ás 13:04 (UTC)