Saltar ao contido

Conversa:Lumbricus terrestris

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

O DRAG non o especifica, pero para distinguila do resto das miñocas/lombrigas esta especie coñécese como miñoca común ou lombriga común?--Sernostri (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 23:21 (UTC)[responder]

Ben, volvemos ao problema da falta de precisión dos nomes comúns de invertebrados. "Lombriga" é un termo ambiguo xa que pode referirse á miñoca Lumbricus terrestris (anélido) ou ao nematodo parasito intestinal Ascaris lumbricoides, o cal o fai especialmente inapropiado cando se quere falar con precisión. "Mioca" é un termo pouco definido, máis ou menos sinónimo de miñoca, e o DRAG dá o exemplo de ir buscar miocas para pescar; eu teño ido moitas veces á praia a procuralas, pero na praia os vermes para pescar son de diversas especies, polo que volvemos á imprecisión. "Miñoca" é un nome que se lle dá en xeral a todos os vermes anélidos oligoquetos de feitura similar aos do xénero Lumbricus e doutros xéneros e mesmo a poliquetos. O de "miñoca común" nunca o oín, non vén no DRAG, e non sei se haberá listas de nomes ou guías onde o usen (poderían ser unha referencia), pero é moi complicado distinguir polo nome común (cando o hai!) a moitos invertebrados que só se diferencian por detalles. O xénero Lumbricus ten 700 especies, a L. terrestris non é a miñoca máis abundante (ou "común"), pero si a que máis se ve porque ten o hábito de saír á superficie máis que outras especies (é a que "comunmente se ve"). Á hora de poñerlle o nome á páxina e de escribir o primeiro parágrafo pensei moito o que ía poñer e ao final decidinme polo sempre seguro nome científico (en casos como este) e indicar inmediatamente que se lle chama miñoca. Sería conveniente ler a páxina de conversa da páxina Taenia saginata, onde se mencionan os problemas que teñen as ambigüidades dos nomes que se poden referir a distintas especies (véxase o caso de abázcaro ou abellón) e que o único que crean é confusión. Sinceramente, creo que o inicio da páxina estaba mellor antes e o meu gusto era reverter o cambio, pero tampouco quero eliminar sen máis a túa contribución. Igual había que crear unha sección "Nome" na páxina e explicar os nomes que se lle dan e ADVERTIR DAS AMBIGÜIDADES que teñen algúns deles para evitar a confusión do lector. A palabra miñoca ten a súa propia páxina onde se explica que é o nome que se lle dá a diversas especies de oligoquetos (e de todos modos haberá que facer algún día a páxina Oligoquetos). Tamén poderiamos titular a páxina "miñoca común", pero non sei se o de común o estaremos inventando nós ou se ten unha tradición e asentamento na literatura. Cos invertebrados é máis difícil que cos vertebrados autóctonos, que hai moitos menos, adoitan ter nomes establecidos e hai máis literatura publicada en galego. Outra páxina recente é Culex pipiens, á que poderiamos chamar "mosquito", pero especies de mosquitos hai moitas, e a maioría pouco distinguibles, pero como é moi común, igual había que chamarlle "mosquito común" tamén. O termo "común" en nomes de animais está deixando de usarse: non se di "falcón común", por exemplo, aínda que sexa o máis común, porque iso varía dun sitio a outro e co paso do tempo (ratas negra e gris). Por último, o de "mellor por orde alfabética", depende, porque se un nome é moito máis usado e o outro moi raro, este último debe ir ao final.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]
Se eu estou dacordo no que dis, tan só puxen os nomes que lle dá a DRAG a esta especie, ben é certo que se miras miñoca no dicionario da Academia, só fala de dúas especies concretas (a outra dos poliquetos que xa non recibe o nome de lombriga), cando o uso común é chamarlle miñoca a multitude de especies, xa que o falante común non distingue esas especies, a definición do dicionario vale para o uso común que faga un falante da palabra pero non para un texto especializado, a propia RAG di en canto ao tratamento que debe incluír os termos que non sexan altamente especializados, e recoñecer as diferentes especies de miñocas é un campo altamente especializado, para un caso coma este precisariamos literatura especializada en galego, que non sei se existe; por iso unha solución sería deixar como estaba o texto antes e meterlle unha nota cos termos que recoñece para esta especie, o da orde alfabética era para colocalos tal como aparecen nos dicionarios, eu non sei se é máis común lombriga ou miñoca, pero non hai problema por colocalo noutra orde.--Sernostri (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]
Creo que como o puxeches como unha nota na primeira liña está ben. Ademais engadín unha breve sección denominada "Nome común", onde menciono os nomes e as sinonimias. Penso que así todo queda claro. Fixen igual en Ascaris lumbricoides.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 17:36 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lumbricus terrestris. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 05:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lumbricus terrestris. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de abril de 2019 ás 20:44 (UTC)[responder]