Saltar ao contido

Concilio de Basilea-Ferrara-Florencia-Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O décimo sétimo concilio ecuménico da Igrexa católica comezou en Basilea o . Trasladado por Uxío IV a Ferrara en 1437 após a Florencia en 1439, terminose en Roma en 1441.

Basilea polo ano 1490.

O concilio de Constanza (1414-1418) resolveu a crise do Gran Cisma de Occidente. O seu decreto Frequens do  institución permanente da Igrexa, polo que se debía reunir periodicamente e tiña a función de controlar o papado[1]. O concilio de Pavia-Siena, aberto en 1423, revelouse infrutuoso e disolveuse axiña a primeiros do ano seguinte. O asunto da reforma volveuse enviar ao concilio xeral que se debía realizar sete anos despois, e para o cal o papa Martiño V designou a cidade de Basilea[2].

A apertura do concilio de Basilea preveuse para o  ; Martiño V morrera pouco antes, Gabriele Condulmer foi elixido papa ese mesmo día e adoptou o nome de Uxío IV. Giuliano Cesarini, cardeal de Sant'Angelo e legado en Alemaña tivo que presidir o concilio, mais ningún prelado arribara aínda a Basilea e o concilio abriuno Xoán de Palomar, capelán do papa, e Xoán de Ragusa, procurador xeral dos dominicanos, delegados polo cardeal Cesarini o 23 de xullo[3].

Primeiro conflito co papa

[editar | editar a fonte]

O 14 de decembro o concilio declarouse superior ao papa e confirmou o decreto Frequens emitido en Constanza[4]. O 18 de decembro, Uxío IV, so pretexto dunha escasa participación, disolveu o concilio de Basilea e transferíuno a Boloña, mais co apoio do emperador Sexismundo I, as sesións continuaron[3].

, os padres conciliares esixiron ao papa que revogase a bula de disolución, so ameaza de proceder «segundo o dereito divino e humano, polo ben da Igrexa». O concilio abriu un proceso contra o papa o 6 de setembro seguinte[5]. O 13 de xullo de 1433 o concilio retirou ao papa o dereito de conferir es altas dignidades eclesiásticas e deulle sesenta días para retractarse[6]. O 29 de xullo, o papa declarou nulo e improcedente canto decidese o concilio en contra del[7].

, Uxío IV debeu recoñecer a nulidade da súa decisión e a lexitimidade do concilio mediante a bula Dudum Sacrum[8]. O  o concilio reafirmou solemnemente a súa superioridade respecto do papa[9].

Os Compacta: acordo cos husitas moderados

[editar | editar a fonte]

En Bohemia, a nova cruzada contra os husitas convocada polo papa Martiño V estalou en agosto de 1431[10]. O concilio de Basilea mostrouse pronto a negociar o 15 de outubro, o que deu á curia romana un motivo de oposición contra o concilio, que volvera a revisar a condena dos husitas en Constanza.

 a delegación husita chegou a Basilea e o 16 introduciu a discusión sobre a Declaración dos Catro Artigos. As negociacións non deron resultado e decidiuse proseguilas en Praga. Os utraquistas e os máis moderados dos taboritas reformularon os Catro Artigos que os limitaran só á comuñón das dúas especies. O 30 de novembro, unha delegación do concilio asinou en Praga uns Compacta (acordos) negociados coa delegación husita (predicación libre, utraquismo, corrección pública dos pecados, aceptación das secularizacións xa efectuadas)[8]. Os husitas moderados ratificaron os Compacta na dieta de Praga o 2 de xaneiro de 1434. Os máis extremistas, os taboritas, rexeitaron os acordos, mais foron batidos por un exército de baróns e de praguenses (moderados) o 6 de maio e finalmente foron esmagados na batalla de Lipany o 30 de maio. O seu líder, Procopio Holy, morreu nela. O concilio non recoñeceu os Compacta ata 1435[11], mentres que o papa refusou ratificalos.

O cisma e a crise conciliar

[editar | editar a fonte]
O papa Uxío IV, contornado de prelados, entre eles Enea Silvio Piccolomini, secretario do antipapa Fiz V, reunido con Uxío IV en 1445, fresco de Pinturicchio.

As catorce primeiras sesións do concilio de Basilea desenvolvéronse do 15 de febreiro de 1432 ao 14 de novembro de 1433. A partir da sesión dezaseis (), após a reconciliación co papa, o concilio deveu verdadeiramente canónico. Mais a partir da sesión trinta e sete, do  o concilio deveu cismático.

, o papa Uxío IV, argüíndo a necesidade de ter un concilio de unión cos ortodoxos, transferiu o concilio de Basilea a Ferrara. Só quedaron en Basilea os extremistas, que suspenderon Uxío IV e designaron como novo papa o conde de Savoia, Amadeo VIII[8]. Foi entronizado o  na catedral de Lausana co nome de Fiz V[12]. Os padres conciliares de Basilea separáronse na sesión 45, o , prevendo a celebración dun novo concilio xeral en Lión tres anos despois[3].

O núcleo duro dos prelados cismáticos quedou en Basilea. O antipapa non recrutou máis que uns poucos adherentes ademais dos seus propios estados hereditarios (os de Savoia), dos de Afonso V de Aragón, da Confederación Suíza e de certas universidades. Alemaña ficou neutral, Carlos VII de Francia limitouse a asegurar para o seu reino un gran número de reformas decretadas en Basilea pola Pragmática Sanción de Bourges do . Inglaterra e Italia ficaron fieis a Uxío IV. En 1447, o emperador Frederico III, após negociacións con Uxío, ordenou ao burgomestre de Basilea non librar salvocondutos para os padres conciliares na cidade imperial. Asinou coa Santa Sé o concordato xermánico o , na dieta de Aschaffembourg. A Convención restituíu ao papa todos os dereitos que lle retirara o concilio de Basilea e provocou a indignación dos clérigos alemáns que se creron privados das súas liberdades tradicionais[13].

, os padres conciliares deixaron Basilea rumbo a Lausana. O antipapa, ante a insistencia de Francia, acabou por abdicar o . Na súa segunda sesión, o 16 de abril, o concilio de Lausana levantou todas as sentenzas pronunciadas polo concilio de Basilea contra os que sostiveron Uxío IV. Como el morreu o , os padres conciliares recoñeceron o seu sucesor Nicolao V a cambio de que ratificase todos os decretos de Basilea e de Lausana (bula do . O concilio de Lausana reuniuse por derradeira vez o 25 de abril[14].

Ferrara-Florencia

[editar | editar a fonte]

 abriuse o concilio de Ferrara, oposto ao de Basilea[15]. Declarou nulas todas as decisións tomadas polo Concilio de Basilea. Este supendera o papa e tomara nas súas mans o goberno da Igrexa o 24 de xaneiro. Uxío IV excomungou os padres do Concilio de Basilea o 15 de febreiro. Estes replicaron o  e declararon herético Uxío IV e depuxérono[16].

A Unión das Igrexas

[editar | editar a fonte]
Florencia polo ano 1490.

Unha das razóns do traslado a Ferrara foi unha petición dos orientais: A Igrexa oriental, que buscaba apoio para afrontar a ameaza turca, aceptou participar nun concilio ecuménico -non participara nas sesións do Concilio de Basilea- sempre que se situase á beira do Mar Adriático, a fin de que, en caso de ataque turco, os orientais puidesen rapidamente regresar ao seu país. Nicolao de Cusa foi enviado nunha misión para Constantinopla a fin de convencer os gregos a participar do Concilio.

O 27 de novembro de 1437 a delegación grega enviada ao Concilio de Ferrara e conducida polo basileos (emperador)  Xoán VIII Paleólogo partiu de Constantinopla para Venecia. O emperador foi acompañado por vinte e un metropolitas e bispos, o patriarca de Constantinopla Xosé II, un conxunto de archimandritas e ata preto de setecentos membros do clero. Marcos, metropolita de Éfeso, Isidoro, metropolita de Kíiv, Basilio Besarión, metropolita de Nicea e Andrés, arcebispo de Rodas, son as personalidades máis coñecidas.

Chegaron a Venecia en febreiro e a Ferrara en marzo. Besarión foi designado, xunto co metroplita de Efeso Marcos Eugenikós, para defender a posición da Igrexa grega. Pronunciou o discurso o 8 de outubro de 1438. Se, ao principio, persistiu en condenar que a Igrexa latina engadira o Filioque no credo niceno, a súa posición evolucionou ante os argumentos do dominicano Xoán de Montenero, e finalmente suplicou pola reconciliación das Igrexas perante a delegación grega en abril de 1439[17].  O metropolita Marcos de Éfeso, pola súa banda, desaprobou a reconciliación católica-ortodoxa. Malia as presións do basileos Xoán Paleologo, foi o único bispo que non asinou o texto (Laetentur coeli) do Concilio[18].

Na sesión dezaseis, o 10 de xaneiro de 1439, o papa propuxo aos gregos trasladar o Concilio a Florencia, pois en Ferrara declárarase a peste. O Concilio recomezou en Florencia día 16[3].

O patriarca Xosé II, que tiña preto de oitenta anos e estaba doente, morreu o . A súa desaparición causa unha grande axitación entre os participantes do Concilio, pois era un « fervente partidario da unión entre as Igrexas ».

O , a bula Laetentur coeli, foi asinada por latinos e bizantinos[19]. O texto grego tivo trita e tres asinantes[20] entre eles o emperador Xoán VIII Paleólogo, o futuro patriarca de Constantinopla, Xurxo Escolario, Basilio Besarión, Isidoro de Kíiv. Con todo, exercéronse presións sobre a delegación grega e o bispo Antonio de Heracléa declararía após o concilio que «fixe mal asinando a unión», mais que fora forzado[21].

O , Besarión, metropolita de Nicea, liu a versión grega do decreto de Unión das Igrexas en Santa Maria del Fiore. A versión latina líuna o cardeal Giuliano Cesarini[17]. Porén, a maioría dos eclesiásticos gregos, situados nun lado do altar durante a solemne misa celebrada perante todo o Concilio, refusaron comungar[22].

A delegación grega embarcouse en Venecia o . O metropolita de Kíiv, Isidoro, adheriu á unión das Igrexas en nome da Igrexa rusa. De volta en Moscova en 1441 fracasou en impór a Unión. O príncipe Basilio II fíxono encerrar nun mosteiro e liberou a Igrexa rusa da tutela dos bizantinos[23]. Pola súa banda, Xoán VIII Paleólogo e Besarión, ante a oposición popular mobilizada por Marcos de Éfeso, fracasou en impór a unión en Constantinopla. A masa do pobo bizantino estivo en contra da Unión das Igrexas e a súa proclamación en Constantinopla debeuse adiar ata o .

Os emisarios de Gregorio IX Musabēkeanc, catholicós da Igrexa apostólica armenia cuxa sé estaba en Sis (actual Kozán) en Cilicia aceptaron igualmente a reunficación coa Igrexa romana polo decreto «Exsultate Deo» do 22 de novembro de 1439.

 asinouse o decreto Cantate Domino de reunificacion entre Roma e a Igrexa xacobita de Alexandría e de Xerusalén[24].

, o Concilio trasládase de Florencia a Roma. Realizanse dúas sesións durante as cales publícanse decretos sobre a reunificación dos xacobitas de Siria (Decreto Multa et admirabilia do 30 de setembro de 1444), dos caldeos e dos maronitas (Decreto Benedictus do 7 de agosto de 1445)[24].

De 1439 a 1441, os relixiosos etíopes de Xerusalén participaron do Concilio de Florencia[25].

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Les tribulations de l'ecclésiologie à la fin du Moyen Age, par Stefan Swieżawski Éditions Beauchesne, 1997 (ISBN 2701013518 et 9782701013510).
  2. Histoire de l'Église, par François Joseph Xavier Receveur.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Dictionnaire universel et complet des conciles tant généraux que .
  4. Traicté de la différence des schismes et des conciles de l'Église, par Jean Lemaire de Belges, Jennifer Britnell Edit. Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002308 et 9782600002301)
  5. Cours d'histoire des états européens, par Frédéric Schoell, Franz Xaver Zach Edit. Duncker et Humblot, 1830.
  6. Dictionnaire géographique de la Bible, par Augustin Calmet, 1847.
  7. Histoire Universelle de l'Église Catholique, par René François Rohrbacher Edit. Gaume frères, 1858.
  8. 8,0 8,1 8,2 Histoire de l'empire d'Autriche, par Karl Heinrich Joseph Coeckelberghe-Duetzele Edit. C. Gerold, 1845.
  9. Vraie histoire des conciles, par Jean Louis Schonberg Edit. La Baconnière, 1962.
  10. Histoire de la guerre des Hussites et du Concile de Basle, par Jacques Lenfant Edit. Pierre Humbert, 1731.
  11. Le concile de Basle par Jonathan Beck, 1979.
  12. Nouvelle encyclopédie théologique Edit. Jacques Paul Migne, 1854.
  13. L'Europe au Moyen Age, par Henry Hallam.
  14. Annales historiques du comté de Neuchatel et Valangin depuis Jules-César..., par Jonas Boyve, Gonzalve Petitpierre Edit. E. Mathey, 1855.
  15. Histoire des Français, par Jean-Charles-Léonard Simonde Sismondi Edit. Dumont, 1837.
  16. Histoire de la lutte des papes et des empereurs de la maison de Souabe, par Claude Joseph de Cherrier Edit. Furne, 1858.
  17. 17,0 17,1 Centuriae Latinae, par Colette Nativel, Jacques Chomarat Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002227 et 9782600002226).
  18. O historiador da Igrexa Macario (Bulgákov) engadíralle varios outros bispos: "Xosé, patriarca de Constantinopla, que non viviu ata a fin dos acontecementos, o célebre Marcos, metropolita de Éfeso (...), o locum tenens da sé de Xerusalén, Dionisio, bispo de Sardes, morto cando o concilio estaba reunido en Ferrara, o metropolita de Xeorxia, Gregorio, e o bispo de Stavropolis, que fuxira do concilio, Sofronio de Anquíalo, e outros dos bispos Isaac e Sofronio, e o noso bispo Abraham de Súzdal" (Введение в православное богословие ("Introduction à la théologie russe"), Saint-Pétersbourg, 1913, p. 397), mais Abraham de Súzdal si asinou (Evgueni Golubinski, Histoire de l'Église russe, t.2 (1), p. 443) antes de retractarse ulterioremente, e os outros fuxiron ou morreran no momento do asinamento, observa Serguéi Bulgákov, Sous les remparts de Chersonèse (1918, publicación póstuma), Troudy po sotsiologii i teologii, t.2, Moscova, Nauka, 1997, traducido ao francés por Bernard Marchadier, Xénova, Ad Solem, 1999, p. 180.
  19. Antoine Arjakovsky, Qu'est-ce que l'orthodoxie ?, Folio essais, 2013, p. 466.
  20. Charles-Josepf Héfélé, Histoire des conciles, tome XI, Librairie Adrien Le Clere, 1876, p. 473.
  21. Marios Benisis, St. Mark of Ephesus : His significant presence in the Council of Florence and the new perspectives in the interreligious dialogues, Aristotle University of Thessaloniki, Greece, Oxford Patristic Conference 2007, p. 9.
  22. Ver o ratigo.
  23. La Russie et le Saint-Siège. Études diplomatiques, de Paul Pierling.
  24. 24,0 24,1 Histoire universelle de l'Eglise Catholique, par René-François Rohrbacher, Auguste-Henri Dufour Edit. Gaume Frères, 1861.
  25. Éthiopie, par Luigi Cantamessa, Marc Aubert.