Saltar ao contido

Colonia administrativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Imperio Británico en 1921, no seu momento de maior expansión territorial consolidada.

Unha colonia, en política, pode ser un asentamento ou forma de poboamento (dado ata o século XIX), ou un territorio suxeito á administración e goberno dun país remoto, chamado metrópole (século XIX). Nunha situación colonial, os nativos do territorio colonizado carecen de autonomía -aínda que poden estar politicamente representados en órganos gobernamentais- e están suxeitos á soberanía do goberno metropolitano. A práctica totalidade de África (salvo Liberia e Etiopía) e a totalidade de América foron colonias das potencias europeas durante séculos, ata que as guerras de independencia do século XIX no Continente Americano e o proceso de descolonización respaldado pola ONU despois da segunda guerra mundial en África, Asia e o Caribe permitiu aos territorios gañar a súa independencia. A denominación de posesións de ultramar conta cun número considerable de entidades suxeitas a un estatuto xurídico similar. Actualmente, a colonia é xeralmente transformada administrativamente nunha posesión de ultramar:

  • No caso dunha colonia, a poboación local, aínda que parte dela non proveña da metrópole, non goza de dereitos de cidadanía. Os procesos políticos son xeralmente restrinxidos, especialmente excluíndo as cuestións relacionadas coa independencia. Neste caso, hai colonos do país dominante e moitas veces as propiedades en mans dos pobos indíxenas do lugar son escasas. Os sistemas legais, relixiosos, etc. son tributarios e en algúns casos a poboación local foi escravizada ou aínda sometida a xenocidio.
  • No caso dunha posesión de ultramar, os cidadáns son formalmente iguais aos respectivos das metrópoles, permitíndose formar movementos proindependencia, pero para o logro teñen que alcanzar unha maioría, por exemplo nun referendo. Non obstante, en algúns casos os colonos da metrópole poden superar en número os indíxenas da posesión de ultramar e polo tanto é posible que o territorio non logre independencia contra os desexos dos seus habitantes indíxenas.

Territorios non autónomos

[editar | editar a fonte]

En 2010 o Comité de descolonización das Nacións Unidas consideraba 16 territorios non autónomos a descolonizar:[1] Ánguila, Bermudas, Xibraltar, Guam, Illas Caimán, Malvinas, Turks e Caicos, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Americanas, Montserrat, Nova Caledonia, Illas Pitcarin, Sáhara Occidental, Samoa Americana, Santa Helena e Tokelau.

As potencias que agora controlan territorios non autónomos son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]