Coche de bombeiros
O coche de bombeiros é un vehículo empregado polos bombeiros deseñado para a loita contra as lapas. Ten como principal misión a de transportar os utensilios necesarios para abordar unha emerxencia por incendio. Adoita levar un motor para bombear auga obtida dunha boca de rego ou de calquera outra fonte de auga dispoñible, un equipo de comunicacións e diversas ferramentas necesarias para atender as urxencias.
Características e equipamento
[editar | editar a fonte]Hai varias configuracións de coches de bombeiros no referente á posición do panel de control da bomba incluíndo a montaxe da tapa, que pode estar ao lado, situada na fronte ou na parte posterior. Os camións poden levar algunhas cantidades de auga, pero os que operan xeralmente sobre a contorna urbana deséñanse baixo a confianza de que existan bocas de rego adaptadas para a súa operación no caso de incendio.
O propósito principal dos motores é a supresión do lume directo, non obstante poden levar moitas ferramentas incluíndo escadas, fontes de alimentación, traxes ignífugos e cascos, machadas, extintores de diferentes tipos, e equipo de ventilación. Hoxe en día o camión é manipulado por profesionais que adoitan levar un equipo e un vehículo multiúsos preparado non só para a loita contra o lume, senón que ademais está deseñado para as tarefas do rescate, a intervención nas primeiras misións etc. Non existe necesariamente unha fronteira clara entre un coche contra os incendios e unha unidade de rescate.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Boca de rego
-
Equipamento dun camión de bombeiros
-
Equipamento dun camión de bombeiros
-
Interior dun camión de bombeiros
-
Xerador eléctrico dun camión de bombeiros
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coche de bombeiros |