Cloruro de potasio
Xerais | |
---|---|
Nome | Cloruro de Potasio |
Outros nomes | Cloruro potásico Silvina |
Fórmula química | KCl |
Aparencia | Sólido incoloro ou lixeiramente rosado; aínda que parece branco se son cristais finos ou pulverizados. |
Físicas | |
Masa molar | 74,55 g/mol |
Punto de fusión | 1049 K (776 °C) |
Punto de ebulición | 1773 K (1500 °C) |
Densidade | 1,987 ×103 kg/m3 (1,987 g/cm3) |
Cristalización | Cúbica centrada nas caras (f.c.c.) |
Solubilidade | 34,49 g/100 mL de auga 0,4 g/mL de etanol insoluble en acetona |
Compostos relacionados | KF, KBr, KI; LiCl, NaCl, RbCl, CsCl, MgCl2, CaCl2 |
Seguridade | |
Inxestión | Perigosa en grandes cantidades. |
Inhalación | Pode causar irritación. |
Pel | Pode causar irritación. |
Ollos | Pode causar irritación. |
Número CAS | [7447-40-7] |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O composto químico cloruro de potasio (KCl) é un haluro metálico composto de potasio e cloro. No seu estado puro é inodoro. Preséntase como un cristal vítreo de branco a incoloro, cunha estrutura cristalina cúbica centrada nas caras que se fractura facilmente en tres direccións. O cloruro de potasio é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execución legal por medio de inxección letal. Preséntase naturalmente como o mineral silvina e en combinación con cloruro de sodio como silvinita.
Propiedades Químicas
[editar | editar a fonte]O cloruro de potasio pode reaccionar como unha fonte de ión cloruro. Como calquera outro cloruro iónico soluble, precipita cloruros insolubles cando se mestura cunha disolución dun sal apropiado, como por exemplo nitrato de prata:
KCl(ac) AgNO3(ac) → AgCl(s) KNO3(ac).
Aínda que o potasio é máis electropositivo que o sodio, o KCl pode reducirse a metal por medio dunha reacción con sodio metálico se o potasio é eliminado da mestura por destilación, debido ao principio de Le Chatelier.
KCl (l) + Na (l) → NaCl (l) + ↑K (g) ( a 850 °C)
Este é o método principal para producir potasio metálico porque a electrólise (utilizada para o sodio) falla debido á alta solubilidade do potasio en KCl líquido.
Extracción e manufactura
[editar | editar a fonte]O cloruro de potasio preséntase na natureza como silvina, e pode extraerse da silvinita. Tamén pode extraerse de auga do mar e pode producirse por cristalización dunha disolución, por flotación ou por separación electrostática de minerais apropiados. É un subproduto da fabricación de ácido nítrico a partir de nitrato de potasio e ácido clorhídrico.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]A maioría do cloruro de potasio producido é utilizado na fabricación de fertilizantes, xa que o crecemento de moitas plantas está limitado pola dispoñibilidade de potasio. O potasio, xunto co nitróxeno e o fósforo é un dos tres constituíntes principais dos fertilizantes químicos (abonos NPK).Como reactivo químico é utilizado na manufactura de hidróxido de potasio e potasio metálico. Tamén é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execucións xudiciais a través de inxección letal.
Propiedades biolóxicas e médicas
[editar | editar a fonte]O potasio é vital para o corpo humano e está presente entre os constitíntes minerais dos alimentos. A carencia do mesmo pode suplirse pola inxestión oral de cloruro de potasio , aínda que tamén pode ser disolto e administrado de forma intravenosa. Pode ser utilizado como un substituto do sal na comida , pero dado ao seu sabor algo amargo é pouco salgado é xeralmente mesturado con sal común para mellorar o seu sabor. Medicinalmente é utilizado no tratamento de hipocalemia e trastornos asociados, para envelenamento con dixital, e como un restaurador de electrólitos. Efectos colaterais poden incluír incomodidade gastrointestinal, incluíndo náuseas e vómitos, diarrea e hemorraxia intestinal. A sobredose de potasio causa hiperkalemia a cal pode producir parestesia, fibrilación e arritmias, tamén efectos escleróticos.
Precaucións
[editar | editar a fonte]Oralmente é tóxico en exceso; a DL50 é de arredor de 2500 mg/kg (é dicir que unha persoa cun peso de 70 kg tería que consumir 175 g. A toxicidade do sal de mesa é similar). Intravenosamente a dose redúcese a soamente 100 mg/kg pero de maior preocupación son os seus efectos severos sobre o músculo cardíaco; altas doses poden causar un paro cardíaco e unha morte rápida.