Cesare Perdisa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1932 Boloña, Italia |
Morte | 10 de maio de 1998 (65 anos) Boloña, Italia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Cesare Perdisa nado en Boloña o 21 de outubro de 1932 e finou o 10 de maio de 1998[1] foi un piloto de carreiras italiano.[1] Participou en 8 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 22 de maio de 1955. Alcanzou 2 podios e anotou un total de 5 puntos de campionato.
Significativamente máis novo que a maioría dos pilotos da época, Perdisa a miúdo cedía o seu auto aos seus compañeiros de equipo máis experimentados cando atopaban problemas. Isto sucedeu, por exemplo, na 11ª volta do Gran Premio de Bélxica de 1956, Stirling Moss perdeu a roda traseira dereita do seu Maserati. Moss aparcou o seu coche e correu catrocentos metros de volta aos boxes onde se fixo cargo de Maserati de Perdisa, que pilotou ata o final.[2]
En marzo de 1957 Perdisa retirouse das próximas 12 Horas de Sebring logo da morte do seu compañeiro Eugenio Castellotti. Castellotti morreu no circuíto de Modena cando se estrelou cun Ferrari que estaba probando para o evento. Aínda que Perdisa afirmou inicialmente que estaba renunciaba ás carreiras por algún tempo debido á conmoción que experimentou cando morreu Castellotti, posteriormente retirouse para sempre.[3] Perdisa era o mellor amigo de Castellotti.[4]
Logo da súa retirada, Perdisa volveu ser noticia en setembro de 1957 cando correu para levar a Juan Manuel Fangio e a súa esposa Andrea a un hospital de Boloña. A parella tivera un accidente no seu Lancia Aurelia de 2.5 litros mentres trataba de esquivar a un camión que entrara na autoestrada. Viaxando a preto de 160 km/h, o coche de Fangio estrelouse contra un poste, aínda que el e a súa esposa sufriron soamente contusións.[5]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON 3 * |
500 | BEL 8 |
NED | GBR | ITA | 18º | 2 | |
1956 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON 7 |
500 | BEL 3 † |
FRA 5 † |
GBR 7 |
ALE NTS |
ITA | 16º | 3 |
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia D50 | Ferrari V8 | ARX 6 ‡ |
MON | 500 | FRA | GBR | ALE | PES | ITA | NC | 0 |
- * Indican unidade compartida con Jean Behra
- † Indican unidade compartida con Stirling Moss
- ‡ Indican unidade compartida con Peter Collins e Wolfgang von Trips
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Collins Auto First In Belgian Contest, New York Times, June 4, 1956, Page 34.
- ↑ Italian Out Of Race, The New York Times, March 17, 1957, Page S4.
- ↑ Motor Car Sports, The New York Times, March 20, 1957, Page 44.
- ↑ Fangio In Smash-Up, The New York Times, September 22, 1957, Page 215.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cesare Perdisa |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |