Catherine Ashton
Catherine Margaret Ashton, baronesa Ashton de Upholland, nada o 20 de marzo de 1956, é unha economista e política laborista británica, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidenta da Comisión Europea.
Biografía
[editar | editar a fonte]Catherine Margaret Ashton estudou a carreira na Universidade de Londres. Ten dous fillos e tres fillastros.
Traxectoría política
[editar | editar a fonte]Ashton foi designada Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea o 19 de novembro de 2009 segundo o estipulado no Tratado de Lisboa.
Con anterioridade a esa data desempeñou o cargo de Comisaria Europea de Comercio e previamente traballara como Presidenta da Cámara dos Lores e como Lord President do Consello no primeiro gabinete de Gordon Brown en xuño do 2007. Tamén dirixiu o proceso do Tratado de Lisboa ata a súa ratificación pola Cámara dos Lores.
Entre 1977 e 1979 Ashton traballou na Campaña para o Desarmamento Nuclear e máis tarde foi elixida como a súa tesoureira nacional. Dende 1983 ata 1989 foi directora do Business in the Community traballando en temas de desigualdade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catherine Ashton |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |