Saltar ao contido

Catemeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lémure (Lemur catta) é un animal que en moitas ocasións é catemeral.

En zooloxía o adxectivo catemeral refírese ao comportamento dos organismos que adquiren os seus alimentos, ou fan os seus desprazamentos, a intervalos irregulares durante o día ou a noite.

A condición de catemeral denomínase catemeralidade.

A catemeralidade é un patrón da actividade dos organismos a intervalos irregulares durante o día ou a noite nos que se adquire o alimento, se produce a socialización con outros organismos e se realiza calquera outra actividade necesaria para o seu sustento. Definiuse da seguiente maneira: "a actividade dun organismo pude considerarse catemeral cando se distribúe de forma aproximada uniformemente ao longo deas 24 horas do su ciclo diario, ou cando se producen cantidades significativas de actividade, en particular alimentarse e/ou desprazarse, dentro de ambas as fases claras e escuras dese ciclo".[1][2]

Moitos animais non se axustan ás definicións tradicionais de seren estritamente nocturnos, diúrnos ou crepusculares, a miúdo por factores que inclúen a dispoñibilidade de alimento, a presión de depredación e a temperatura ambiente variábel. Como resultado, moitas especies, particularmente entre os primates, poden clasificarse como catemerais.[3]

Observáronse patróns alternativos de actividade catemeral en lémures específicos.[4] A catemeralidade estacional describiuse para Eulemur mongoz como unha actividade que pasa de ser predominantemente diúrna a ser predominantemente nocturna durante o seu ciclo anual. Observouse que o lémure Eulemur fulvus fulvus cambia estacionalmente da actividade diúrna á catemeralidade.[5]

Historia do termo

[editar | editar a fonte]

No manuscrito orixinal do seu artigo "Patterns of activity in the mayotte lemur, Lemur fulvus mayottensis", Ian Tattersall introduciu o termo "catemeralidade" para describir un patrón de actividade observada que non era nin diúrna nin nocturna.[6] Aínda que propuxo o termo "catemeral", un revisor da revista opúxose á introdución do termo, que considerou como unha nova voz innecesaria. Pero, en 1987, Tattersall deu unha definición formal de "catemeral", recorrendo ás súas raíces do grego antigo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo está formado polos elementos cat- e -emer, derivados do grego antigo κατ[α]- kat[a]-, de κατά, katá "de arriba cara a abaixo", e‎ -emer, [ἡ]μέρ[α ] [h]ēmér[a], "día", co sufixo -ial, propio de moitos adxectivos.

  1. Ankel-Simons 2007, p. 477.
  2. Tattersall 1987.
  3. Jacobs 2008, pp. 627–628.
  4. Kirk 2006, p. 28.
  5. Colquhoun 2007, pp. 147-148.
  6. Tattersall 1979.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ankel-Simons, Friderun (2007): Primate Anatomy, 3rd ed. Academic Press. ISBN 978-0-1237-2576-9.
  • Colquhoun, Ian C. (2007): "7. Strategies of Cathemeral Primates, pp. 148–149". En Gursky-Doyen, Sharon & Nekaris, K. A. I. (eds.). Primate Anti-Predator Strategies. Springer. ISBN 978-0-3873-4807-0.
  • Jacobs, G. H. (2008): "Primate color vision: A comparative perspective" (PDF). Visual Neuroscience. 25 (5–6): 619–633.
  • Kirk, E. C. (2006): "Eye morphology in cathemeral lemurids and other mammals". Folia Primatologica. 77 (1–2): 27–49.
  • Tattersall, Ian (1987): "Cathemeral Activity in Primates: A Definition". Folia Primatologica. 49 (3–4): 200–202.
  • Tattersall, Iab (1979): "Patterns of activity in the Mayotte lemur, Lemur fulvus mayottensis". Journal of Mammalogy. 60 (2): 314–323.