Canón (xeoloxía)
Aparencia
En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal. Outras orixes dos canóns son:
- Canóns kársticos, producidos pola incisión máis a karstificación.
- Canóns asociados a fracturas, nas que tamén debe de haber karstificación ou un cambio do nivel de base.
- Canóns de carácter estrutural, como as cluses.
En xeral, os relevos tabulares favorecen a presenza de canóns profundos asociados a fracturas, por exemplo os karsts.
Canóns famosos
[editar | editar a fonte]- Avon Gorge, en Bristol, Inglaterra
- Canón Fortaleza, en Cambará do Sul, Brasil
- Cataract Gorge, en Launceston, Australia
- Cheddar Gorge, en Somerset, Inglaterra
- Canón de Colca, no río Colca, no Perú
- Canón de Vikos, en Grecia
- Canón de Taroko, en Taiwán
- Columbia River Gorge, en Norteamérica
- Fish River Canyon, en Namibia
- Glen Nevis, en Lochaber, Escocia
- Grand Canyon du Verdon, na Provenza, Francia
- Gran Canón, do río Colorado, en Arizona, Estados Unidos
- Gorges du Tarn, en Francia
- Hells Canyon, entre Idaho e Oregón, Estados Unidos
- Desfiladeiro de Ironbridge, en Shropshire, Escocia
- Itaimbezinho, en Cambará do Sul, Brasil
- Kloof Gorge, en Kloof, Suráfrica
- Palo Duro Canyon, en Texas, Estados Unidos
- Red River Gorge, en Kentucky, Estados Unidos
- Royal Gorge, en Colorado, Estados Unidos
- Canón do río Tara, en Montenegro
- As Tres Gorxas, na China
- Kings Canyon, en California, Estados Unidos
- Canón do Sil, en Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canón |