Saltar ao contido

Caldes d'Estrac

Modelo:Xeografía políticaCaldes d'Estrac
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°34′19″N 2°31′43″L / 41.571944444444, 2.5286111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaMaresme Editar o valor en Wikidata
CapitalCaldas de Estrach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.223 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.581,11 hab./km²)
Número de fogares16 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie0,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude33 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlbert Batlle Salvañà (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08393 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08032 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT080327 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcaldetes.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100069190120239 Twitter: ajcaldetes Instagram: ajcaldetes LinkedIn: ajuntament-de-caldes-de-montbui Youtube: UCurKLntseb5yeOmGSHX-mXw Editar o valor en Wikidata

Caldes d'Estrac, coñecido popularmente co diminutivo Caldetes, é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na costa, entre os municipios de Sant Vicenç de Montalt e Arenys de Mar, e a uns 11 km de Mataró, capital da comarca, e a 40 km de Barcelona.

Os seus inicios remóntanse ao século XIII, levantado ao redor dun antigo hospital e dunha igrexa. A situación dunha fonte de augas termais deu o nome ao municipio.

Desde 1870 ata 1920, Caldetes, viviu unha primeira idade de ouro, ao ser centro de veraneo da burguesía catalá. Importantes poetas e escritores cataláns como Apel·les Mestres, Joan Maragall, Jacint Verdaguer ou Josep Palau i Fabre, viviron no municipio. Aínda que se considera que o diminutivo de Caldetes (aplicado especialmente ao barrio marítimo ou vila nova) naceu no século XVIII, o nome xa foi utilizado o ano 1600, na Xeografía de Cataluña de Pere Gil. Durante a Guerra civil española Caldetes foi considerada cidade aberta por ter varias embaixadas dentro do municipio, o que significaba que non podía ser bombardeada.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 3223 habitantes (INE 2023).

Gráfica de evolución demográfica de Caldes d'Estrac[1] entre 1842 e 2021
  • Evolución demográfica de Caldes d'Estrac entre 1996 e 2018
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1751 1808 1937 1973 2028 2137 2310 2448 2508 2607 2672 2735 2799 2783 2776 2773 2760 2738 2717 2766 2823 2859

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do pobo, baséase nas augas termais e o turismo de verán.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A estrada N-II comunica o termo co resto de municipios da costa, e unha estrada local úneo con Sant Vicenç de Montalt. Ten unha estación de ferrocarril de proximidades.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Paseo marítimo.
  • Vila Vella, no alto do pobo, na que se atopan masías como Can Milans de Caldes, con elementos góticos e fortificada, e Can Gili, orixinaria do século XVI, moi reconstruída no 1910, por Francesc Nebot.
  • A igrexa de Santa María, situada no núcleo antigo do pobo, foi construída do 1805 ao 1829, sobre unha antiga igrexa do século XIII, da que só se conserva a pila bautismal, os capiteis dos arcos da fachada e unha lápida con caracteres góticos. O retablo orixinal foi queimado durante a guerra civil española.
  • A Torre Verda e a Torre Busquets, son dúas torres de defensa, ambas do século XVI. As dúas torres só separadas por uns metros, teñen xunto a elas, dous masías, hoxe en día moi restauradas. As dúas torres están catalogadas como, Ben Cultural de Interese Nacional.
  • O Paseo de Mar e o Paseo dos Ingleses, son dúas avenidas xunto ao mar, con notables casas de veraneo, a maioría de estilo novecentista e modernista.
  • Forno de cerámica do século XVI, descuberto casualmente en xullo de 2009 durante unhas obras na zona coñecida como o "Forn de les Escaletes".
  • A Fundació Palau foi inaugurada en maio de 2003, exhibe e difunde o fondo artístico da colección de arte persoal de Josep Palau i Fabre, así como os seus arquivos e biblioteca, do cal é de grande importancia o fondo documental sobre Picasso.
  • Festa Maior: primeira ou segunda fin de semana de setembro.
  • Festa local: festa de Santa Lucía, o 13 de decembro.
  1. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]