Saltar ao contido

Calcita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calcita
Calcita de coloración parda
Fórmula químicaCaCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoRomboédrico
CorBranca, amarela e parda
BrilloVítreo
Dureza3
FracturaIrregular
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade2,6-2,8 g/cm3

A calcita é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema romboédrico.

A calcita pode aparecer en forma cristalina pero é moito máis frecuente que o faga en forma masiva formando o que se chama a rocha calcaria. A cor branca é a máis habitual pero tamén podemos atopar calcita amarela e incluso máis escura, chegando a variedades de cor parda. Os paisaxes cársticos son os formados pola aparición masiva de calcita, debuxando neles curiosas formas.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Atópase normalmente en xacementos calcarios sedimentarios ou metamórficos, en rochas volcánicas e en filóns hidrotermais. A calcita pode aparecer en asociación co cuarzo e cunha gran cantidade de minerais metalíferos.

Usos da calcita

[editar | editar a fonte]

A calcita úsase principalmente para obter cal, coa que logo se purifica a auga, se blaquea o papel e se fan pigmentos, entre outras aplicacións.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Este mineral presenta reacción ó ácido clorhídrico, expulsando CO2 cando se pon en contacto con esta substancia.

A chamada auga dura e a que se encontra en zonas moi ricas en calcita e que conteñen unha alta concentración de calcio. Se esta concentración é moi elevada, a auga non fai escuma en contacto co xabrón.

Outros carbonatos

[editar | editar a fonte]

A aragonita é outro carbonato, que ademais comparte coa calcita a mesma composición química.