Bogurodzica
Bogurodzica (nai de Deus) é o máis vello himno relixioso polaco, composto entre o século XIII e o XIV[1], constituíndo tamén o máis antigo poema en lingua polaca[2], a diferenza doutros himnos relixiosos polacos medievais non é unha tradución do latín, e aínda que a súa orixe é incerta Roman Jakobson suxeriu que a súa procedencia podería estar no eslavo eclesiástico por medio dunha tradución checa[3].
Os cabaleiros polacos cantaron este himno logo da batalla de Grunwald (15 de xullo de 1410) durante a Guerra polaco-lituano-teutónica e mentres se loitaba co exército turco en Varna no ano 1444, converténdose nunha sorte de himno nacional.
Letra das dúas estrofas orixinais
[editar | editar a fonte]
Polaco Twego dziela Krzciciela, bożycze, |
Galego Fillo de Deus, pola graza do bautismo, |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mirosław Korolko: Średniowieczna pieśń religijna polska. Wrocław: Zakład Narodowy im. Ossolińskich, 1980; páxina 3
- ↑ Czesław Miłosz:The History of Polish Literature. Berkeley: University of California Press, 1983; páxina 12
- ↑ Roman Jakobson: Czech verse a thousand years ago en Selected Writings: Early Slavic Paths and Crossroads, Volume 6. Berlín: Walter de Gruyter, 1985; páxinas 351-354.