Beulah Louise Henry
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1887 Raleigh, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de febreiro de 1973 (85 anos) |
Educación | Elizabeth College (en) |
Actividade | |
Ocupación | inventora, empresaria |
Premios | |
Beulah Louise Henry, nada o 11 de febreiro de 1887 en Raleigh, Carolina do Norte e finada o 28 de febreiro de 1973, foi unha inventora estadounidense, alcumada na década dos anos 30 como "Lady Edison" en analoxía aos seus múltiples inventos desenvolvidos.[1][2][3][4]
Entre os seus inventos máis destacados atópanse a máquina de coser sen bobinas e a máquina conxeladora que permitía facer xeados máis rapidamente e cun menor gasto de xeo.[5] Durante a súa vida desenvolveu un total de 49 patentes e 110 inventos.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Beulah filla de Walter R. e Beulah Henry era neta do Gobernador de Carolina do Norte W. W. Holden e descendente directa de Patrick Henry.[6] Entre 1909 e 1912 asistiu á escola presbiteriana de Carolina do Norte e ao Elizabeth College, en Charlotte, Carolina do Norte, onde desenvolveu as súas primeiras patentes.[3]
Carreira como inventora
[editar | editar a fonte]Beulah trasladouse a Nova York en 1924, onde chegou a crear dúas empresas. Ademais, entre 1939 e 1955 traballou como inventora para Nicholas Machine Works así como de consultora para diversas empresas que utilizaron os seus inventos, incluíndo a Mergenthaler Linotype Company e a Compañía Internacional de Bonecas. Durante a súa estancia en Nova York, pertenceu á sociedade científica da cidade.[3]
Inventos
[editar | editar a fonte]Entre a lista parcial de inventos de Henry inclúense os seguintes:[7]
- Máquina conxeladora para facer xeados (1912)
- Paraugas con varias cores (1924)
- Rodete de pelo (1925)
- Bolsa para paraugas (1925)
- Umbrella Runner Shield Attachment (1926)
- Aparello para facer deporte na auga (1927)
- Boneca Poodle-Dog (1927)
- Cobertor de bólas (1927)
- Cobertor de pés (1927)
- "Dolly Dips" esponxas infantís cheas con xabón (1929)
- "Miss Illusion" boneca con ollos que podían cambiar de cor e pecharse (1929)
- Dispositivo Henry de selado para artigos inflables (1930)
- Válvula Henry para artigos inflables (1931)
- "Protógrafo" - máquina para realizar catro copias dun documento mecanografado (1932)
- Máquina de escribir (1936)
- Máquina de coser de puntada de cadea dobre (1936)
- Máquina de coser sen bobina (1940)
- Dispositivo de Alimentación e Aliñación (1940)
- Costura e método de formar costuras (1941)
- Aparello de costura (1941)
- Máquina de escribir a máquina (1941)
- Dispositivo para producir sons articulados (1941)
- Duplex Sound Producer (1944)
- Sobres continuamente unidos (1952)
- Abrelatas (1956)
- Sobre de correo directo e de retorno (1962)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Beulah L. Henry foi incluída no National Inventors Hall of Fame no ano 2006.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IEEE History Center Biography of Beula Louise Henry". Consultado o 7 de agosto de 2006.
- ↑ 2,0 2,1 MIT Inventor of the Week page about Henry
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Autumn Stanley. (1993). Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology. Scarecrow Press, Rutgers. p. 424. Google Books preview.
- ↑ "Women Gaining In Patent Rolls." (Aug 11, 1940). New York Times pg. 39. "Women can also boast of a Lady Edison. She is Miss Buela Louise Henry of New York City."
- ↑ Beulah Louise Henry (1887-1973) Mujeres con ciencia, 31 marzo 2017
- ↑ Entry for Walter R. Henry, 1910 U.S. Census, Charlotte, North Carolina
- ↑ "Beulah Henry at about.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2006.
- ↑ "Biography from the National Inventors Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A profile of Henry and her inventions is given in Stanley's Mothers and Daughters of Invention (1993, Scarecrow Press; 1995, Rutgers University Press), pp. 351–2,366-7,417, 420-26.
- Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.