Bandeira de Laos
Aparencia
Bandeira de Laos | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 2 de decembro de 1975 |
Cores | Vermello Azul Branco |
A bandeira de Laos foi adoptada o 2 de decembro de 1975. A bandeira fora utilizada previamente polo breve goberno nacionalista de 1945.
Deseño
[editar | editar a fonte]Está formada por tres bandas horizontais, a superior e inferior son de cor vermella vermellón, mentres que a do medio é azul. No centro atópase un disco branco cun diámetro equivalente a 4/5 da altura da franxa central.
A cor vermella representa o sangue derramado pola independencia, o azul o río Mekong ou a santidade do país. O disco branco simboliza a lúa sobre o río Mekong ou tamén a unidade do país baixo o goberno comunista.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Laos en Flags of the World (en inglés)