Ballarat é unha cidade de Victoria, Australia, que en 2013 tiña unha poboación estimada de 96 940 habitantes. O lugar onde se sitúa a cidade era orixinalmente unha estación de abastecemento que fundaron William Cross Yuille e Henry Anderson en 1838 co nome de Ballaarat (campamento na lingua aborixe da rexión), pero non foi tras o descubrimento de ouro na rexión en 1850 que o lugar se converteu nunha próspera cidade, a máis poboada de Victoria naquel tempo, e mesmo en 1857 tivo lugar o único levantamento armado de Australia, a Eureka Stockade.
A cidade ten dous diarios e dúas estacións de radio.