Autonoe (lúa)
Autonoe (ou en grego Αυτονόη), tamén coñecida coma Xúpiter XXVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 1.[1][2][3]
Autonoe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,264 millóns de kms, tarda 772,168 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (150° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,369. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Autonoe na mitoloxía grega era unha das 'conquistas' de Zeus (Xúpiter),[4] nai das Cárites ou Gracias segundo algúns autores.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ MPEC 2002-V03: S/2001 J 1 1 de novembro do 2002 (efemérides revisadas)
- ↑ "IAU Website: Satellites of Jupiter, Saturn and Uranus". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 02 de novembro de 2010.
- ↑ USGS Astrogeology: Gazetteer of Planetary Nomenclature - Planetary Body Names and Discoverers