Atol Swains
(sm) Olosega | |||||
Tipo | illa unorganized atoll of American Samoa (en) territorio disputado | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Tokelau Islands (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Samoa Americana, Estados Unidos de América | ||||
Localización | Océano Pacífico | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 3,5 m | ||||
Dimensións | 1,4 () × 1,8 () km | ||||
Superficie | 1,865 km² | ||||
A Illa de Swains (Olosega en samoanoOlohega, en tokelauano), é un atol do arquipélago de Tokelau administrado pola Samoa Americana. Aínda que pertence xeográfica e culturalmente a Tokelau, política e historicamente é un territorio dos Estados Unidos de América.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol está completamente pechado e a lagoa interior queda illada do océano. A súa salinidade depende da choiva. A superficie total é de 1´508 km², e contando coa lagoa é de 1.865 km². Na zona de levante da lagoa hai un illote de 764 m².
En 2005 a poboación censada era de 37 habitantes na vila de Taulaga situada ao oeste. Ao suroeste atópase a vila de Etena ( «O Edén») hoxe en día abandonada.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo as tradicións da veciña Fakaofo, Swains quedou deserta no século XVII logo dun ataque desde aquela illa que mataron ou secuestraron aos habitantes.
A miúdo identificouse Swains como a illa de Xente Fermosa descrita por Pedro Fernández de Quirós o 2 de marzo de 1606, pero actualmente sinálase que máis probablemente se trate de Rakahanga, nas illas Cook.
En 1840 dous capitáns reclamaron o seu descubrimento: o inglés Turnbull e o estadounidense W.C. Swains do baleeiro George Champlan. O capitán Henry Hudson, do USS Peacock que se atopaba en augas de Samoa, foi enviado para explorar a nova illa. Considerou que a súa posición non coincidía coa illa de Quirós, e confirmou a posición dada por Swains, acreditándoo como o descubridor.
O capitán Turnbull, que reclamaba a propiedade, cedeu a illa ao estadounidense Eli Hutchinson Jennings. Xunto con Malia, a súa muller samoana, estableceuse en 1856 en Swains fundando unha comunidade e unha dinastía de propietarios. O seu fillo, Eli Hutchinson Jennings Junior, chamado King Jennings por R.L. Stevenson, tivo éxito coa plantación de cocos e atraeu a atención das autoridades coloniais británicas das illas Gilbert e Ellice que reclamaron a illa de Swains. En 1909 os británicos recoñeceron a illa baixo a área de influencia estadounidense, pero legalmente continuou sendo terra de ninguén (terra nullius).
O fillo de Eli Junior, Alexander Hutchinson Jennings, herdou a propiedade en 1920. O 4 de marzo do 1925, a illa foi anexionada á Samoa Americana a instancias de Alexander. Recoñecéuselle, a el e aos seus descendentes, como o propietario da illa baixo a autoridade do representante do goberno. Actualmente a plantación non se continua explotando e só vive a familia.
O goberno de Nova Zelandia, do que depende Tokelau, recoñeceu en 1981 a soberanía estadounidense da illa de Swains, pero na Constitución de Tokelau, non aprobada, se continua reclamando a illa como parte do futuro estado en libre asociación.
A dinastía Jennings
[editar | editar a fonte]- Eli Hutchinson Jennings, Sénior (1814 - 1878), do 13 de outubro de 1856 ao 4 de decembro de 1878.
- Malia Jennings, a súa viúva (? - 1891), ata o 25 de outubro de 1891.
- Eli Hutchinson Jennings, Júnior, o seu fillo (1863 - 1920), ata o 24 de outubro de 1920.
- Ann Eliza Jennings Carruthers, filla de Eli Jr. (1897 - 1921), conxuntamente co seu irmán.
- Alexander Hutchinson Jennings, fillo de Eli Jr. e irmán d'Ann Eliza, ata hoxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- Datos da oficina do censo dos Estados Unidos (en inglés)
- Historia de Swains, do Departamento do Interior dos EUA. (en inglés)
- Constitución provisional de TokelauArquivado 22 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)