Saltar ao contido

Atol Enewetak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Enewetak
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°30′00″N 162°20′00″L / 11.5, 162.33333333333
EstadoIllas Marshall Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación853 (1999) Editar o valor en Wikidata (145,81 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie5,85 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2MH-ENI Editar o valor en Wikidata

Vista aérea de Enewetak e Parry.

Enewetak (ou Eniwetok) é un atol das Illas Marshall situado no océano Pacífico. Componse de 40 illotes cunha área de 5,85 km² e unha lagoa interior de 80 km de circunferencia. En 1999 a poboación ascendía a 820 persoas.

Forma un distrito lexislativo da Cadea Ralik nas Illas Marshall. É o segundo atol máis occidental da cadea Ralik, e atópase a 305 km ao oeste de atol Bikini. O goberno dos Estados Unidos chamou ao atol "Eniwetok" ata 1974, cando cambiou a súa denominación oficial a "Enewetak" (xunto con moitos outros nomes locais das illas Marshall) para reflectir máis adecuadamente a súa pronunciación correcta.

Os humanos habitaron o atol hai polo menos 2.000 anos. Enewetak non foi coñecido polos europeos ata que en 1529 a expedición do navegante español Álvaro de Saavedra Cerón desembarcou no atol, bautizándoo baixo o nome de "Los Jardines". Posteriormente, en 1794 foi visitada pola corveta mercante británica Walpole, e foi denominada "Brown Range" (de aí o nome xaponés "Atol Brown") e, nos anos seguintes, por unha ducia de buques antes da creación da colonia alemá das Illas Marshall en 1885. Xunto co resto das Illas Marshall, Enewetak foi capturado pola Armada Imperial Xaponesa en 1914 durante a primeira guerra mundial. Os xaponeses administraron a illa, pero a maioría dos asuntos locais deixáronos en mans dos líderes locais tradicionais ata o inicio da segunda guerra mundial.

Tras o final da Guerra, Enewetak quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Proba nuclear

[editar | editar a fonte]

Os residentes locais foron evacuados, forzosamente, e o atol foi utilizado para probas nucleares. Os corpos dos soldados estadounidenses mortos na Batalla de Enewetak e enterrados alí foron exhumados antes de que comezasen as probas e regresaron aos Estados Unidos para volver a ser enterrados polas súas familias. Ao redor do 43 probas nucleares foron realizadas en Enewetak desde 1948 ata 1958. A primeira proba da bomba de hidróxeno, cuxo nome en código era Ivy Mike, celebrouse a finais de 1952, e vaporizou o illote de Elugelab. Esta proba incluíu o uso de avións B-17 Flying Fortress para voar a través da nube radioactiva co fin de analizar mostras a bordo.

Aos residentes locais permitíuselles regresar na década de 1970 e o 15 de maio de 1977, o goberno dos Estados Unidos ordenou aos militares a descontaminación das illas. Isto fíxose mediante a mestura da terra contaminada e dos residuos das distintas illas, con cemento Portland que se enterrou nun dos cráteres da explosión. O cráter atopábase no extremo norte de Runit 11°33′N 162°20′L / 11.550, -162.333, que é unha illa no lado leste do atol. Isto converteu o cráter nun montículo esférico de 25 m de alto que se cubriu cunha grosa capa de cemento de 46 cm, chamado "Cactus Dome". O goberno dos Estados Unidos declarou as illas seguras para vivir en 1980.

En 2000, os habitantes de Enewetak foron indemnizados con 340 millóns de dólares en danos por perda de uso da terra, o desprazamento forzado e os problemas de saúde entre a poboación. Esta indemnización non inclúe a suma anual de 6 millóns de dólares que paga o goberno dos Estados Unidos para a educación e a saúde nas Illas Marshall.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]