Arnold (automóbil)
O Arnold foi un dos primeiros automóbiles fabricado no Reino Unido. Foi producido en East Peckham, Kent entre 1896 e 1898.
Historia
[editar | editar a fonte]William Arnold & Sons de East Peckham, Kent, foi unha empresa de enxeñería agrícola fundada aproximadamente en 1844.
En 1895 adquiriron unha licenza para construír coches Benz. Como Arnold Motor Carriage Co. desde 1896[1] a 1898 a empresa construíu doce coches co deseño da Benz, pero cos seus propios motores[2] Dous Arnolds foron expostos no Crystal Palace en 1896.[3]
Un Arnold de 1896 estaba equipado co primeiro arranque automático do mundo, do enxeñeiro eléctrico H.J. Dowsing. Era un dynamotor xunto ao volante, deseñado para axudar aos coches a subir os outeiros e para arrincar o motor.[4]
Consérvanse dous coches Arnold.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rubashow, Tom (24 de outubro de 2008). "Shilling fine for 8mph dash down high street". Kent and Sussex Courier (Paddock Wood edition) (Courier Media Group Ltd).
- ↑ Lawrence, Margaret (1994). Bridge Over the Stream. East Peckham Parish Council. p. 14. ISBN 0-9524828-1-9.
- ↑ "Men who sparked the ignition.". brooklands.org.uk. Archived from the original on 08 de setembro de 2008. Consultado o 2008-12-21.
- ↑ G.N. Georgano, N. (2000). Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. London: HMSO. ISBN 1-57958-293-1.
- ↑ "Arnold". British Motor Manufacturers. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 2008-12-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnold |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Photo un dos dous Arnold existentes