Anadolu Efes S.K.
Anadolu Efes | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / Euroliga |
Fundación | 1976 |
Historia | Efes Pilsen (1976−2011) |
Cores | Azul, branco, vermello |
Presidente | Tuncay Özilhan |
Adestrador | Erdem Can |
Patrocinador | Anadolu Efes |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | Istambul, Turquía |
Pavillón | Sinan Erdem Spor Salonu |
Capacidade | 16 000 |
Inauguración | 23 de abril de 2010 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (2021, 2022) |
C. Korać | 1 (1996) |
Liga | 15 (1979, 1983−1984, 1992−1994, 1996−1997, 2002−2005, 2009, 2019, 2021) |
Copa | 11 (1994, 1996−1998, 2001−2002, 2006−2007, 2009, 2015, 2018) |
Supercopa | 12 (1986, 1992−1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2015, 2018, 2019) |
efesbasket.org |
O Anadolu Efes Spor Kulübü (antes coñecido como Efes Pilsen) é un equipo de baloncesto da cidade de Istambul (Turquía) que por palmarés é considerado como un dos equipos máis importantes na historia do baloncesto turco, xa que gañou o título de liga en 15 ocasións. A nivel europeo, destacan os seus título da Euroliga nos anos 2021 e 2022. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16 000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no ano 1976 co nome de "Efes Pilsen Spor Kulübü" tras a compra dos dereitos do Kadıköyspor, equipo da Segunda División turca que contaba con numeroros problemas económicos.[1] Encabezados por Tuncay Özilhan, o corpo técnico do equipo estaría formado por Pano Natof na dirección xeral, Berna Sirmen na presidencia, Talat Öztoprak na administración e Faruk Akagün como adestrador. O seu primeiro patrocinador foi a cervexa Efes Pilsen, unha subsidiaría do Grupo Anadolu. En 1978, dous anos despois da súa fundación, o club gaña o título de campión da Segunda División turca, finalizando o campionato sen coñecer a derrota e ascendendo á máxima categoría do baloncesto turco, onde permanece desde aquela.
Na súa primeira tempada na elite (1978–79), o Efes Pilsen gaña o seu primeiro título de liga, situándose dende aquela como un dos equipos punteiros do baloncesto turco. Despois de finalizar como subcampións da Copa Saporta de 1993, o club gaña o seu primeiro título europeo en 1996, ano no que conseguen a Copa Korać tras vencer na final ao Stefanel Milano italiano. Este título supuxo o primeiro título continental para un club turco en calquera deporte. Posterioemte, o Efes Pilsen converteríase nun dos equipos fixos da Euroliga, sendo as súas mellores clasificación as acadadas en 2000 e 2001 ao acabar en terceiro lugar. En ambas ocasións perderían nas semifinais da Final Four ante o Panathinaikos grego, gañando posteriormente no partido polo terceiro lugar ao FC Barcelona (2000) e ao CSKA Moscova (2001).
Na ano 2006, o club converteuse no primeiro equipo turco convidado a xogar contra un equipo da NBA.[2] Os partidos foron contra os Denver Nuggets en Denver (Colorado) o 10 de outubro e contra os Golden State Warriors en Oakland (California) o 12 de outubro. Ambos encontros saldáronse con vitoria para os equipos estadounidenses. Ao ano seguinte sería un equipo da NBA o que visitaría a casa do Efes Pilsen. No encontro, disputado no Abdi İpekçi Arena, os Minnesota Timberwolves vencerían ao equipo local por 84–81. En 2011 o club vese obrigado a mudar ao seu nome a "Anadolu Efes Spor Kulübü" por mor da TAPDK, unha lei que prohibe o uso de publicidade de tabaco e alcol en equipos deportivos.
Na temporada 2018−19, o Efes tivo conseuguiu finalizar co cuarto lugar de cabeza de serie nos playoffs. Nas eliminatorias conseguiron eliminar ao FC Barcelona para pasar á súa primeira final a catro da Euroliga en 19 anos. Na semifinal, o Efes gañou aos seus grandes rivais, o Fenerbahçe por 92–73 para acadar a súa primeira final da Euroliga da historia. Porén, na final o Efes foiderrotado polo CSKA Moscova, ficando finalmente como subcampións. A nivel doméstico, con todo, gañaron o seu primeiro campionato da Basketbol Süper Ligi desde 2009. O destino na Euroliga mudaría nas temporadas 2020−21 e 2021−22, xa que o Anadolu Efes conseguiu dous campionatos consecutivos da Euroliga. No primeiro vingáronse en semifinais do CSKA Moscova (86−89) e na final venceron ao FC Barcelona por 86−81. No segundo venceron nas semifinais ao Olympiacos (77−74) e na final ao Real Madrid (58−57).
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Anadolu Efes 2022–2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Rıza Erverdi (1983–1984)
- Aydan Siyavuş (1984–1986)
- Rusmir Halilović (1986–1987)
- Aydan Siyavuş (1987–1990)
- Halil Üner (1990–1992)
- Aydın Örs (1992–1999)
- Ergin Ataman (1999–2001)
- Oktay Mahmuti (2001–2007)
- David Blatt (2007–2008)
- Ekrem Memnun (2008)
- Ergin Ataman (2008–2010)
- Velimir Perasović (2010–2011)
- Ufuk Sarıca (2011–2012)
- Ilias Zouros (2012)
- Oktay Mahmuti (2012–2013)
- Vangelis Angelou (2013–2014)
- Dušan Ivković (2014–2016)
- Ahmet Çakı (2016)
- Velimir Perasović (2016–2017)
- Ergin Ataman (2017–presente)
Títulos
[editar | editar a fonte]Campeticións europeas
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 2021, 2022
- Subcampións (1): 2019
- Subcampións (1): 1993
- Campións (1): 1996
Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Campións (15): 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009, 2019, 2021
- Subcampións (12): 1986, 1998, 1999, 2000, 2001, 2006, 2007, 2010, 2012, 2015, 2016, 2022
- Campións (12): 1994, 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2006, 2007, 2009, 2015, 2018, 2022
- Subcampións (4): 2004, 2014, 2017, 2019
Supercopa de Turquía
- Campións (12): 1986, 1992, 1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2018, 2019
- Subcampións (11): 1994, 1997, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2012, 2016
Partidos fronte equipos da NBA
[editar | editar a fonte]10 de outubro de 2006 | Denver Nuggets | 118–102 | Efes Pilsen | Pepsi Center, Denver |
12 de outubro de 2006 | Golden State Warriors | 120–66 | Efes Pilsen | Oracle Arena, Oakland |
6 de outubro de 2007 | Minnesota Timberwolves | 84–81 | Efes Pilsen | Abdi İpekçi Arena, Istambul |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tarihçe". efesbasket.org (en turco). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- ↑ "Turkish power Efes Pilsen no match for Warriors". ESPN (en inglés). 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2015.