Amin Maalouf
Amin Maalouf, nado en Beirut o 25 de febreiro de 1949, é un escritor libanés. A familia materna é de tradición anglófona e católica e a paterna francófona e protestante.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Amin Maalouf estudou economía, política e socioloxía e traballou no xornal An Nahar como responsábel da sección de internacional. Foi correspondente durante 12 anos e visitou máis de 60 países, especialmente Etiopía, Somalia, Bangladesh e Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. Desde 1975, cando estalou a guerra do Líbano, exilouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da revista Jeune Afrique. Actualmente dedícase só á literatura. Recibiu o premio Maison de Presse pola súa novela Samarcanda e o Goncourt por A rocha de Tanios. Dous dos seus maiores éxitos son As cruzadas vistas polos árabes e León o Africano.
Obras
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- León o Africano (Léon l'Africain, 1986).
- Samarcanda (Samarcande, 1988).
- Os xardíns de luz (Les Jardins de lumière, 1991).
- O primeiro século após Beatriz (Le Premier Siècle après Béatrice, 1992).
- O rochedo de Tanios (Le Rocher de Tanios, Premio Goncourt 1993).
- As escalas do Levante (Les Échelles du Levant, 1996).
- A viaxe de Baldassare (Le Périple de Baldassare, 2000). Traducido ao galego por Xavier Queipo e María Dolores Torres París.
- Orixes (Origines, 2004).
Ensaios
[editar | editar a fonte]- As identidades asasinas (Les Identités meurtrières, 1998).
- As cruzadas vistas polos árabes (Les croisades vues par les Arabes, 1983), Premio das Maisons de la Presse.
- A deleiba do mundo (Le Dérèglement du monde, 2009). Traducido por Maria Dolores Torres París.
Libretos de ópera
[editar | editar a fonte]- O amor de lonxe (L’Amour de loin, 2001 - música de Kaija Saariaho).
Prefacios
[editar | editar a fonte]- "Por unha educación bilingüe" ("Pour une éducation bilingue : Guide de survie à l'usage des petits européens", 1981).
- "Sobre a adivinación, Cicerón", ("De la Divination", Cicéron, 1992).
- "O Profeta, Khalil Gibran" ("Le Prophète", Khalil Gibran, 1993).