Alexander Gerst
Aparencia
Alexander Gerst, nado en Kuenzelsau o 3 de maio de 1976, é un astronauta alemán que formou parte das misións Soiuz TMA-13M e Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 40, 41, 56 e 57 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gerst graduouse en xeofísica pola Universidade de Karlsruhe en 2003 e é máster en ciencias da Terra pola Universidade Victoria en Wellington (Nova Zelandia).[1][3]
Foi seleccionado como astronauta pola ESA en maio de 2009. Participou nas misións Soiuz TMA-13M e Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 40, 41, 56 57 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 362,08 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gerst, Alexander" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ ESA, ed. (2020). "Alexander Gerst" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ Gerst, Alexander (2003-01-01). "Temporal Changes in Seismic Anisotropy as a New Eruption Forecasting Tool". Open Access Te Herenga Waka-Victoria University of Wellington. doi:10.26686/wgtn.16910776.v1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Gerst |