Saltar ao contido

Aeroporto de Xibraltar

Aeroporto de Xibraltar
Gibraltar airport

IATA: GIB – ICAO: LXGB
Sumario
Tipo Civil/Militar
Cidade/Illa Xibraltar
Elevación (msnm) 5 metros / 15 pés
Coordenadas
Web gibraltarairport.gi
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 1 829 6 000 asfalto
Estatísticas (2006)
Pasaxeiros 330 057
Movementos 3 008
Carga (t) 348

O Aeroporto de Xibraltar (en inglés: Gibraltar Airport ou North Front Airport) (IATA: GIBOACI: LXGB) é un aeroporto internacional que se atopa no istmo que une a colonia británica de Xibraltar con España. Atópase a uns 500 metros do centro de Xibraltar e a unha distancia similar do centro de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz.

Ten unha pista única de 1 829 metros de lonxitude e é a única do mundo que está atravesada ao mesmo nivel por unha estrada, a N-351. En 2006, pasaron polo aeroporto 330 057 pasaxeiros e 348 toneladas de carga.

Foi construído durante a segunda guerra mundial e inaugurado en 1949, aínda que só como base de emerxencia para o Exército británico. O 2 de decembro de 1987, grazas a un acordo entre os gobernos británico e español, acordouse o uso civil da instalación, que non foi posto en práctica ante a oposición das autoridades xibraltareñas. Os avións con orixe e destino Xibraltar non podían entrar no espazo aéreo español.

En 2006, un novo acordo firmado en Córdoba entre o Reino Unido, o Goberno de Xibraltar e España terminou coas, ata entón, restricións ao uso civil do aeroporto, permitindo tamén voos con España. O 16 de decembro dese ano un avión de Iberia procedente de Madrid-Barajas aterrou no aeroporto, poñendo fin así a anos de conflito.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
British Airways Londres-Heathrow
easyJet Bristol, Londres-Gatwick, Manchester
Monarch Airlines Londres-Gatwick, Londres-Luton, Manchester
Estacional: Birmingham
Royal Air Maroc Express Casablanca, Tánxer

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]