Aeroporto Mohamed Boudiaf
Aeroporto Mohamed Boudiaf
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | EGSA-Constantine | ||
Cidade/Illa | Constantina | ||
Elevación (msnm) | 706 metros / 2 316 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
14/32 | 2 400 | 7 874 | asfalto |
16/34 | 3 000 | 9 843 | asfalto |
O aeroporto internacional Mohamed Boudiaf (IATA: CZL, OACI: DABC) (IATA: CZL, ICAO: DABC), é un aeroporto en Alxeria situado a uns 9 quilómetros ao sur da cidade de Constantina.
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroporto foi construído en 1943 como o aeródromo de Constantina polo Exército dos Estados Unidos de América durante a campaña do Norte de África da segunda guerra mundial. Usouse principalmente como un depósito de mantemento e provisións para o Mando se Servizo Aéreo Técnico e tamén serviu como cuartel xeral para o XII Mando de Bombardeiros. Foi tamén utilizado como posto de mando para o Mando das Forzas Aliadas (AFHQ) para as forzas de terra da Francia Libre, o Reino Unido e os Estados Unidos en Alxeria en febreiro de 1943, baixo o mando do xeneral Sir Harold R. L. G. Alexander, para coordinar as accións do Primeiro Exército estadounidense que avanzaban dende o oeste e do Oitavo Exército británico avanzando dende o leste contra os Afrika Korps alemáns. En 1944 foi entregado ao goberno de Alxeria e foi utilizado ocasionalmente por avións do Mando de Transporte Aéreo ata o final da guerra.
O aeroporto recibiu o nome do presidente Mohamed Boudiaf. Boudiaf, tamén chamado Si Tayeb el Watani, foi un líder político arxelino e un dos fundadores do revolucionario Fronte de Liberación Nacional (FLN), que liderou a Guerra de Independencia de Alxeria entre 1954 e 1962.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aigle Azur | Basilea, Lión, Marsella, París-Orly |
Air Algérie | Adrar, Alxer, Basilea, Béchar, Ghardaia, Hassi Messaoud, Istanbul-Atatürk, Lión, Marsella, Niza, Orán, Ouargla, París-Charles de Gaulle, París-Orly, Tamanrasset, Tindouf Estacional: Metz/Nancy, Tolosa |
Tassili Airlines | Alxer, Hassi Messaoud, Estrasburgo[1] |
TUIfly Belgium | Charleroi[2] |
Tunisair | Tunes |
Turkish Airlines | Istanbul-Atatürk |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Routes Online (ed.). "Tassili Airlines Adds New French Routes from June 2016" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ TUIfly (ed.). "Vuelos a Constantina". Consultado o 14 de xaneiro de 2018.