Saltar ao contido

Adolf Anderssen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolf Anderssen

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Karl Ernst Adolf Anderssen Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1818 Editar o valor en Wikidata
Wrocław (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de marzo de 1879 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Wrocław (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOsobowice Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista, escritor de non ficción, compositor de xadrez Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xuño de 1851Partida Imortal de Anderssen (pt) Traducir
1851Torneio de xadrez de Londres de 1851 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андерсен Адольф) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Anderssen-244 Find a Grave: 96316270 Editar o valor en Wikidata


Karl Ernst Adolf Anderssen, nado en Wrocław o 6 de xullo de 1818 e finado na mesma vila o 13 de marzo de 1879, foi un xadrecista alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anderssen viviu na súa cidade natal a maior parte da súa vida. Graduouse no instituto público de Breslau para posteriormente asistir á Universidade, onde estudou matemáticas e filosofía. Despois de se licenciar traballou como profesor de matemáticas. A relación de Anderssen co xadrez comezou aos nove anos, cando o seu pai lle aprendeu a xogar. Non foi un neno prodixio, a primeira vez que saíu á luz pública foi en 1842, cando publicou algúns problemas de xadrez, e sobre todo coas súas colaboracións na revista Schachzeitung (despois chamada Deutsche Schachzeitung).

Londres 1851

[editar | editar a fonte]

En 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz. Por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres. No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.

Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida, xogada en Berlín en 1852 contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denominouse Xogo Sempreverde.

Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.

Londres 1862

[editar | editar a fonte]

En 1862 regresou e gañou a primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen. En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.

Baden-Baden 1870

[editar | editar a fonte]

Case ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne. En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]