Saltar ao contido

Ronald Syme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaRonald Syme

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1903 Editar o valor en Wikidata
Eltham, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Auckland
Oriel College (en) Traducir
Universidade Vitoria de Wellington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos clásicos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, erudito clásico, profesor universitario, tradutor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Istambul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFergus Millar Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1094241

Ronald Syme, nado en Eltham, Nova Zelandia, o 11 de marzo de 1903 e finado o 4 de setembro de 1989, foi un historiador da Roma antiga, un dos máis eminentes do século XX.

Traxectoria

Syme estudou francés e literatura nas Universidades de Auckland e Wellington. En 1925 partiu para Inglaterra, estudou no Oriel College de Oxford entre 1925 e 1927. En 1929 convértese en titor do Trinity College, ata 1949. Publicou The Roman Revolution, centrado no ascenso de Octaviano e a instauración como Augusto, en 1939, que o converteu nunha autoridade mundial recoñecida. Durante a segunda guerra mundial, Syme foi catedrático de filoloxía clásica en Istambul, entre 1942 e 1945. En 1949 foi nomeado profesor de Historia Antiga no Brasenose College, de Oxford, cargo que ocupou ata 1970. Desde 1976 ata 1989 foi catedrático de Historia Antiga na Royal Academy of Arts.

Obras

Unha das súas primeiras obras foi The Spanish War of Augustus (26-25 B. C.) publicada en 1934 en The American Journal of Philology sobre a campaña de Augusto no noroeste da Península Ibérica. A obra pola que se lle recorda, The Roman Revolution (1939), foi unha análise, maxistral e controvertida ao tempo, da vida política romana no período que seguiu ao asasinato de Xulio César. Inspirado no ascenso dos réximes fascista e nazi en Italia e Alemaña e seguindo o estilo e o pesimismo de Tácito, Syme devolvía a historia ás fontes antigas, mostrándonos un Augusto feroz, astuto, demagogo e hábil que restaurou a orde pública restaurando a República como pretexto para compoñer unha monarquía baseada nas relacións persoais e na ambición das familias políticas romanas, todo isto por medio dunha historia narrativa baseada nun fondo coñecemento das fontes antigas.

En 1958 saíu do prelo a súa biografía sobre Tácito, Tacitus, en dous volumes, constituíu un fito historiográfico, aínda o máis completo estudo desta figura, cun exhaustivo tratamento do contexto histórico e político. En 1964 seguiulle a biografía de Salustio, Sallust. Dedicou catro libros á Historia Augusta, unha colección de biografías dos emperadores desde Adrián ata Carino.

Véxase tamén