Thomas Jefferson
Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virxinia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virxinia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.
Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.
De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).
A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" [1] que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.
Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.
Notas
editar- ↑ Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson (1990)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Jefferson |
A Galicitas posúe citas sobre: Thomas Jefferson |
Outros artigos
editarPredecesor: John Jay |
Secretario de Estado dos Estados Unidos de América 1790 - 1793 |
Sucesor: Edmund Randolph |
Predecesor: John Adams |
Vicepresidente dos Estados Unidos de América 1797 - 1801 |
Sucesor: Aaron Burr |
Predecesor: John Adams |
Presidente dos Estados Unidos de América 1801 - 1809 |
Sucesor: James Madison |