Paul D. Boyer
Paul Delos Boyer, nado o 31 de xullo de 1918 en Provo, Utah (Estados Unidos), é un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Paul Delos Boyer 31 de xullo de 1918 Provo, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de xuño de 2018 (99 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Insuficiencia respiratoria |
Relixión | Ateísmo e Mormonismo |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison - Bioquímica (–1943) Provo High School (en) Universidade Brigham Young |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles Universidade de Minnesota (pt) |
Membro de | |
Interesado en | Bioquímica |
Obra | |
Doutorando | Larry Gene Butler (en) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Boyer, Paul D., 1918-, Paul Delos Boyer (1918-2018) (en) |
Traxectoria
editarEstudou química na Universidade Brigham Young, pertencente á Igrexa mormoa, onde se graudó en 1939. En 1943 realizou o doutoramento en bioquímica na Universidade de Wisconsin-Madison.
En 1956 foi nomeado profesor de química na Universidade de Minnesota, e desde 1963 é profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de Os Ánxeles.
Investigacións científicas
editarLogo do seu doutoramento realizou investigacións nos laboratorios das Universidades Stanford e Minnesota sobre a estabilización do sérum para as transfusións, e posteriormente sobre a cinética dos mecanismos químicos das enzimas.
Desde a súa posición na Universidade de Os Ánxeles, e á beira de John E. Walker, desenvolveu métodos para estudar a síntese química das enzimas que catalizan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos. Ademais conseguiron unir as dúas moléculas formantes do fosfato: a adenosina trifosfato ou ATP e a adenosín difosfato ou ADP.
En 1997 foi galardoado, xunto co seu colaborador John E. Walker, coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato. A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento do enzima transportador de ións de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1997 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1997 (en inglés)
- Perfil de Paul D. Boyer en NNDB (en inglés)
Predecesor: Harold Walter Kroto, Robert Curl e Richard Errett Smalley |
Premio Nobel de Química 1997 con John E. Walker e Jens Christian Skou |
Sucesor: Walter Kohn e John Pople |