Partido Socialista (Francia)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O Partido Socialista (PS) é un partido político francés de esquerda e centro esquerda[1]. É o partido do presidente entre 2012 e 2017 François Hollande.
Partido Socialista Parti socialiste | |
---|---|
Partido político de Francia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Harlem Désir |
Mocidades | Mouvement des jeunes socialistes |
Filiación internacional | Internacional Socialista Partido Socialista Europeo |
Historia | |
Fundación | 1969 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia, Socialismo democrático, Federalismo europeo, Internacionalismo, Progresismo |
Representación | |
Deputados | 274 / 577 |
Senadores | 128 / 348 |
Eurodeputados | 14 / 74 |
Presidentes dos Consellos Xerais | 54 / 101 |
Presidentes dos Consellos Rexionais | 20 / 27 |
Outros datos | |
Sede | 10, rúa de Solférino 75007 París |
Na rede | |
parti-socialiste.fr | |
O PS ten a súa orixe no pensamento socialista, fíxose cargo da Sección Francesa da Internacional Obreira, fundada en 1905 por Jean Jaurès. O congrès d'Alfortville creou un Novo Partido Socialista en 1969, a SFIO renomeouse como Partido socialista, no congrès de Issy-les-Moulineaux. En 1971, no congreso de Épinay, chamado « congreso de unificación dos socialistas », o PS ampliouse coa integración doutros partidos políticos socialistas.[2] Baseou a súa acción política na unión da esquerda e a elaboración dun programa común de goberno co Partido comunista. Designaron como secretario xeral a François Mitterrand, representando á oposición dende 1971 ata 1981 e ao goberno durante os seus dous mandatos de sete anos, dende 1981 ata 1995. Volveu outra vez ao goberno dende 1997 a 2002 (goberno de Jospin) e a partir de 2012, coa vitoria electoral de François Hollande.
Os seus aliados tradicionais son o Partido radical de esquerda, o Partido Comunista Francés, e máis recentemente o Movemento republicano e cidadán e Europa Ecolóxica - Os Verdes. Foi en 2012 o primeiro partido político de Francia en número de votos e o segundo en número de afiliados.
Notas
editar- ↑ LePolitique.com Partis par ordre de représentativité (nombre d'élus Assemblée & Sénat) Sur le site lepolitique.com
- ↑ Agás o PSU.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Socialista |
- Parti socialiste (en francés)
- Parti socialiste, Histoire du PS (en francés)
- A declaración de principios do PS Arquivado 15 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en francés)
- Varios blogs e páxinas web dos socialistas franceses (en francés)