Monnaie de Paris
A Monnaie de Paris (en galego: "Casa de Moeda de París") é o establecemento público da República Francesa encargado da cuñaxe de moeda. Creada o 25 de xuño de 864, baixo o reinado de Carlos II de Francia (O Calvo), no Edicto de Pistres, é a institución francesa máis antiga en funcionamento.[1][2][3]
Monnaie de Paris | |
---|---|
Edificio do Hôtel des Monnaies da Monnaie de Paris | |
Tipo | "Establecemento público de carácter industrial e comercial". |
Fundación | 25 de xuño de 864 (1160 anos) |
Localización | Hôtel de la Monnaie 11 quai de Conti. París. Francia. |
Fundador | Carlos II de Francia (O Calvo). |
Persoas clave | Director: Aurélien Rousseau (desde 2017). |
Industria | Metal. |
Produtos | Moedas, medallas, fundición artística e xoias. |
Beneficio | 117,20 millóns de euros (volume de negocios de 2017). |
Número de empregados | 460 (2017). |
Na rede | |
http://www.monnaiedeparis.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía
editarAta 2007, Monnaie de París non era máis que o nome comercial da oficialmente denominada Dirección de Moedas e Medallas (en francés: Direction des Monnaies et Médailles), encadrada dentro do Ministerio de Economía, Finanzas e Industria. Ese ano retomou o seu nome histórico e adquiriu personalizade xurídica a través da Lei 2006-1666 de finanzas.[4]
A institución conta con 460 persoas empregadas, entre as súas dúas sedes: o edificio primitivo do Hôtel de la Monnaie, en París, e o novo establecemento monetario de Pessac, no departamento de Xironda (co 55 % e o 45 %, respectivamente, do cadro de persoal).[5][6][7]
As competencias da Monnaie de París están establecidas no artigo L. 121-3 do "código monetario e financeiro francés" (CMF), que agrupa as disposicións de natureza lexislativa e regulamentaria concernentes ás actividades profesionais da banca, das finanzas e dos seguros. Fundamentalmente, encárgase da cuñaxe da moeda metálica circulante en Francia, á conta do Estado e en réxime de monopolio, aínda que ten tamén encomendadas outras actividades industriais e comerciais, como as seguintes:
- Produción e venda de moeda metálica circulante estranxeira, moedas de colección, medallas e condecoracións.[8][9]
- Creación de pezas de fundición artística e xoias coa marca rexistrada Monnaie de Paris.[10]
- Xestión do Mussée de La Monnaie de Paris e mantemento do Hôtel de la Monnaie.
- Loita contra a falsificación.
A nivel europeo, as instalacións de Pessac foron elixidas para acoller, ademais do Centro Nacional de Análise de Pezas (Centre national d'analyse des pièces -CNAP-), o Centro Técnico e Científico Europeo (Centre technique et scientifique européen -ETSC-), que analiza e clasifica as moedas falsas de euros de toda Europa. Este centro funciona no marco da Oficina Europea de Loita contra a Fraude e baixo a coordinación técnica dos Estados membros na loita contra o diñeiro falso.
Historia
editarA Monnaie de Paris foi establecida mediante o Edicto de Pistres o 25 de xuño de 864, durante o reinado de Carlos o Calvo.
Xa a partir de 1358, instaurouse unha estrutura que, en principio, se mantivo ata 1879: dunha parte unha administration dotada dun poder xurisdicional e dunha regulamentación en materia monetaria e, por outra banda, talleres establecidos baixo o control do Estado.
A institución está instalada no edificio actual do Hôtel de la Monnaie desde 1775, ano en que concluíu a súa construción, e nel esténdese por unha superficie de 12.000 metros cadrados.[12][13]
En maio de 1871, o edificio foi incendiado e destruído durante os sucesos da Semana Sanguenta da Comuna de París. Posteriormente foi reconstruído reproducindo fielmente a súa forma anterior.
La Monnaie de París está adscrita ao Ministerio de Finanzas desde as leis do 22 e 23 de vendimario do ano IV (setembro de 1796). As leis do 31 de xullo e do 20 de novembro de 1879 determinaron que a fabricación de moeda recaese exclusivamente no propio Estado, co nome de "Administración de Moedas e Medallas".
Desde 1848 a xuño de 1876 montouse nas instalacións da casa de moeda o taller onde se produciron as primeiras series de timbres postais de Francia.
En 1973, o Goberno francés determinou a construción en Pessac, na Xironda, dunha nova fábrica para realizar conxuntamente todas as fases da fabricación de moedas, tanto as destinadas á circulación (naquela época en francos) como as de colección e investimento. A partir de 1998 comezaron a cuñarse nesta nova planta todas as moedas francesas co seu valor facial en euros.[14]
En 2017, a entidade xerou unha facturación de 117,20 millóns de euros, cun cadro de arredor de 460 empregados. Os seus talleres fabrican anualmente uns mil millóns de moedas (delas, 700 millóns co facial en euros) e produce tamén pezas de arte e artesanía, o que supón arredor dun 20 % do seu volume de negocio.[15]
A finais de setembro de 2017, o Hôtel des Monnaies de París reabriu logo dun período de traballos de mantemento e renovación do edificio, dentro dun proxecto denominado Métalmorphoses, o que permitiu abrir ao público amplos espazos.[16] Grazas a esta reconstitución, posibilitouse a exhibición no museo de 2.000 pezas non expostas con anterioridade (das aproximadamente 170.000 que constitúen os seus fondos), entre medallas, moedas e outros obxectos, como é o caso de lingotes recuperados dun naufraxio.[17]
Xestión e dirección do establecemento
editarOs arquivos documentais máis antigos que se conservan da Monnaie de Paris remóntanse ata 1225. Desde esas datas aos nosos tempos, os cargos e as súas responsabilidades relacionadas variaron moito. A seguir, preséntase unha listaxe dos máximos representantes da entidade ao longo destes séculos.[18]
Prépositus monetae Parisiansis
- (1225-1226): Marcellus.
- (1270): P. Barbez.
- (1296): T. Buchart.
- (1296-1311): R. Le Flamant.
- (1296-1315): G. Le Flamant.
Cussorum Moneta
- (1315-1326): P. de Mante.
- (1329-1337): vacante.
- (1436-1437): J. Cœur.
- (1426-1485): P. Fromont.
- (1488-1490): M. Vivat.
- (1489-1512): L. Sureau.
- (1541-1555): B. de Riberolles.
Presidentes da Cour des Monnaies
- (1555): C. Bourgeois.
- (1558): J. Le Lieur.
- (1571): F. du Lion.
- (1590): C. Fauchet.
- (1599): G. Le Clerc.
- (1610): G. Lusson.
- (1637): J. Poitevin.
- (1642): A. du Pajot.
- (1662): N. Cotignon.
- (1664): J. Hosdier.
- (1715): L. Hosdier.
- (1727): É-A. Choppin.
- (1772): R. Choppin.
- (1781-1791): É. Thevenin.
- (1791): J. Dupeyron.
Directores de fabricación de La Monnaie
- (Anos IV-V): A. Roettiers.
- (1794): A. Dupré.
- (1794): J-J. Anfrye.
- (Ano V-1820): C. de L’Espine.
- (1821-1842): J-P. Collot.
- (1843-1845): A. Cambry.
- (1845-1860): Ch. Dierick.
- (1861-1879): A. Renouard.
Directores de moedas e medallas
- (1871): Z. Camélinat.
- (1875-1891): J-L. Ruau.
- (1891-1893): G. de Liron .
- (1893-1900): A. de Foville.
- (1900-1907): F. Arnauné.
- (1914-1915): É. Jacquin.
- (1915-1918): L. Martin.
- (1918-1925): S. Bouvier.
- (1925-1927): L. Formerie.
- (1927-1934): M. Dally.
- (1934-1946): É. Moneclaey.
- (1946-1952): L. Vallon.
- (1951-1952): M. Renaud.
- (1952-1957): Y. Malecot.
- (1957-1962): R. Labonnelie.
- (1962-1984): P. Dehaye.
- (1984-1987): J. Campet.
- (1987-1991): P. Cahart.
- (1992-1995): P. Consigny.
- (1995-1999): E. Constans.
- (1999-2002): F. Saliou.
- (2002-2007): D. Zerah.
Directores Xerais de La Monnaie
Museo da Monnaie de Paris
editar- Artigo principal: Museo da Monnaie de Paris.
Tamén coñecido como Musée du 11 Conti (por ter o seu enderezo no número 11 de Quai de Conti, de París) comparte as súas instalacións coas dos talleres de cuñaxe de moeda do edificio
A visita ao museo estrutúrase en tres bloques temáticos: o de "ciencia e técnica" (o proceso de elaboración de moedas e outros obxectos), "tesouros e historia da arte" (as propias moedas e outros obxectos que forman parte do patrimonio da institución) e "historia e economía" (o comercio e a circulación da moeda).[21]
O museo alberga arredor de 170.000 obxectos nas súas coleccións: moedas, medallas, tesouros, utensilios e máquinas antigas, documentos de arquivo, pinturas e esculturas.[22]
Galería de imaxes
editarEsta é unha mostra das moedas e medallas cuñadas na Monnaie de París en diversos momentos da historia de Francia:
-
Moedas de 20 e de 10 francos da primeira metade do século XX.
-
Colección das dez moedas de prata de 5 francos emitidas durante a década dos 60 do século XX.
-
Moeda de prata conmemorativa de 10 euros do departamento de Reunión.
Notas
editar- ↑ "Monnaie de Paris". Office du Tourisme et des Congrès de París.
- ↑ Legall, O. "La Monnaie de Paris, un futur lieu touristique". En La Tribune. 26 de xuño de 2014.
- ↑ "Qui sommes-nous? La Monnaie de Paris". La Monnaie de Paris.
- ↑ Lei do 21 de decembro de 2006. Artigo 36.
- ↑ Informe de actividade de 2017. Páxina 27.
- ↑ Le Monde. Martes 9 de febreiro de 2010. "Economie". Páxina 6.
- ↑ "Architecture Paris & Pessac". Monnaie de Paris.
- ↑ "Fabrication des € et monnaies courantes Arquivado 15 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Monnaie de Paris.
- ↑ "Décorations Officielles". Monnaie de Paris.
- ↑ "Métiers & Produits d'art Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Monnaie de Paris.
- ↑ Restaurant Guy Savoy.
- ↑ Clark, A. (2005).
- ↑ Renault, Ch. Guide Gisserot de Paris. Ed. Jean-Paul Gisserot. 1999. Páxina 19.
- ↑ "1150 ans d'histoire". Monnaie de Paris.
- ↑ Informe financeiro de 2017.
- ↑ "DP MétaLmorphoses - Monnaie de Paris[Ligazón morta]". Monnaie de Paris.
- ↑ De Boishue, P. "Les valeurs inestimables de la Monnaie de Paris". Le Figaro magazine. 29 de setembro de 2017. Páxinas 74-81.
- ↑ "Tableau chronologique des Officiers généraux el Directeurs de la Monnaie de Paris depuis 1225". En Darnis, J-M. (2005). Páxinas 879 e seguintes.
- ↑ Decreto do 23 de abril de 2007 co nomeamento do presidente-directoe xeral da Monnaie de Paris: M. Beaux (Christophe). En Journal Officiel de la République française. 24 de abril de 2007.
- ↑ "Nomeamento do presidente-director xeral de La Monnaie de Paris: M Rousseau (Aurélien)". En Connaissance des arts. 12 de abril de 2007.
- ↑ "Musée du 11 Conti Arquivado 21 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". Monnaie de Paris.
- ↑ "Collections Patrimoniales". Monnaie de Paris.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monnaie de Paris |
Bibliografía
editar- Clark, A. Building the financial façade : Jacques-Denis Antoine's Hôtel de la Monnaie, the Parisian mint, 1765-1775. Tese de doutoramento. University of Oregon. 2005.
- Darmis, J-M. La Monnaie de Paris: sa création et son histoire du Consulat et de l'Empire à la Restauration (1795-1826). Centre d'études napoléoniennes. 1988.
- Darnis, J-M.Catalogue de la Bibliothéque Historique de la Monnaie de Paris. Direction des Monnaies et Médailles. París. 2005. ISBN 2-11-095944-4
- D'Estienne, N. La monnaie de Paris, 1150 ans d'histoire. Albin Michel. París. 2015. ISBN 978-2226259257
- Du Champ. M. L’Hôtel des Monnaies de Paris et la fabrication des espèces monétaires. Createspace. 2017. ISBN 978-1545434260
- Zerah, Dov Michel. La Monnaie de Paris. 12 siècles d’Histoire. Le Cherche Midi. París. 2006. ISBN 2749108225
Outros artigos
editar- Casa de moeda
- Museo da Monnaie de Paris
- Hôtel de la Monnaie
- Augustin Dupré
- Pierre Joseph Tiolier
- Jean Pierre Droz
Ligazóns externas
editar- Sitio web da Monnaie de Paris
- Perfil en Facebook da Monnaie de Paris
- Perfil en Twitter da Monnaie de Paris
- Arquivos da administración da entidade baixo Lois XVIII e Carlos X
- La Monnaie de Paris, 1150 ans d'histoire: capítulo 1, capítulo 2, capítulo 3, capítulo 4, capítulo 5.