MVP da Final da ACB
O MVP da Final da ACB é un premio outorgado pola Asociación de Clubs de Baloncesto ao mellor xogador da final da Liga ACB. Este galardón foi entregado por vez primeira na temporada 1990-91. Desde aquela, tan só cinco xogadores conseguiron gañar o premio en máis dunha ocasión: Arvydas Sabonis (2 veces), Juan Carlos Navarro (3 veces), Felipe Reyes (2 veces), Sergio Llull (2 veces) e Nikola Mirotić (2 veces). Historicamente, este galardón é entregado ao xogador do equipo gañador con máis valoración no transcurso de todos os xogos da final.[1]
Galardoados
editarA seguinte é unha lista dos gañadores do galardón temporada a temporada.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Todos los MVPs de la Final de la Liga Endesa". acb.com. 16 de xuño de 2021.