Liga ACB
A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Liga inferior | Liga LEB, Liga EBA, LEB Prata e Liga Espanhola de Basquetebol (pt) |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1983 – |
Calendario da tempada | outubro – |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com |
Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.
A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).
Historia
editarLiga Española de Baloncesto
editar- Artigo principal: Liga Española de Baloncesto (1957-1983).
A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.
A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría. Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasións foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasións, e o Joventut Badalona en dúas.
Liga ACB
editar- Véxase tamén: Asociación de Clubs de Baloncesto.
A Liga ACB Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón organizada pola Federación Española de Baloncesto. Desde a súa fundación o dominio repartiuse entre o Real Madrid e FC Barcelona, aínda que entraron en liza outros equipos que conseguiron facerse co título de campións: o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket. Actualmente, baixo o patrocinio de Endesa, a Liga ACB é unha das competicións de baloncesto profesional máis importantes do mundo, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2016–17 de 6.456 espectadores. Isto supón que sexa a cuarta liga profesional neste aspecto, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).
Ao longo do tempo a liga recibiu diferents nomes:
- ACB Primeira División (1983–1988)
- Liga ACB (1988–2011)
- Liga Endesa (2011–presente)
Sistema de competición
editarA Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante). Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.
Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB. Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.
Posto | Clasificación |
---|---|
1º | Play-off polo título de liga |
2º | |
3º | |
4º | |
5º | |
6º | |
7º | |
8º | |
9º − 16º | |
17º | Descenso á Liga LEB Ouro |
18º |
Equipos
editar- Para consultar os diferentes xogadores de cada equipo véxase: Elencos da ACB.
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2024−25 da Liga ACB.
Historial
editarEquipos
editarA seguinte táboa amosa os rexitros de todos os equipos que teñen participado na Liga ACB desde a súa fundación na temporada 1983-84. A táboa non inclúe rexistros de anteriores temporadas da Liga Española de Baloncesto. Os datos están actualizados até o comezo da temporada 2022-23.
Pos | Equipo | Tmp | PX | G | P | 1º | 2º | 3º | 4º | Debut | Desde/Última | Mellor |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Barcelona | 39 | 1643 | 1235 | 408 | 16 | 14 | 5 | 1 | 1983–84 | 1983–84 | 1 |
2 | Real Madrid | 39 | 1608 | 1201 | 407 | 14 | 9 | 6 | 2 | 1983–84 | 1983–84 | 1 |
3 | Baskonia | 39 | 1517 | 954 | 563 | 4 | 5 | 5 | 6 | 1983–84 | 1983–84 | 1 |
4 | Joventut | 39 | 1455 | 827 | 628 | 2 | 4 | 6 | 4 | 1983–84 | 1983–84 | 1 |
5 | Unicaja[a] | 37 | 1398 | 783 | 615 | 1 | 2 | 4 | 6 | 1983–84 | 1987–88 | 1 |
6 | Valencia | 33 | 1252 | 727 | 525 | 1 | 1 | 4 | 3 | 1988–89 | 1996–97 | 1 |
7 | Estudiantes | 38 | 1403 | 721 | 682 | – | 1 | 5 | 7 | 1983–84 | 2020–21 | 2 |
8 | Gran Canaria | 31 | 1127 | 539 | 588 | – | – | – | 2 | 1985–86 | 1995–96 | 4 |
9 | Manresa | 34 | 1201 | 508 | 693 | 1 | – | – | 2 | 1983–84 | 2018–19 | 1 |
10 | Real Betis | 32 | 1137 | 505 | 632 | – | 2 | – | – | 1989–90 | 2019–20 | 2 |
11 | Valladolid | 30 | 1032 | 432 | 600 | – | – | – | – | 1983–84 | 2013–14 | 6 |
12 | Girona | 20 | 731 | 330 | 401 | – | – | – | – | 1988–89 | 2007–08 | 5 |
13 | Fuenlabrada | 24 | 818 | 320 | 498 | – | – | – | – | 1996–97 | 2005–06 | 7 |
14 | Murcia | 24 | 831 | 300 | 531 | – | – | – | – | 1990–91 | 2011–12 | 7 |
15 | Canarias[b] | 17 | 595 | 284 | 311 | – | – | 1 | – | 1983–84 | 2012–13 | 3 |
16 | CB Zaragoza | 13 | 473 | 270 | 203 | – | – | 2 | 3 | 1983–84 | 1995–96 | 3 |
17 | Bilbao | 17 | 591 | 269 | 322 | – | 1 | – | – | 2004–05 | 2019–20 | 2 |
18 | Breogán | 19 | 672 | 267 | 405 | – | – | – | – | 1984–85 | 2021–22 | 6 |
19 | Basket Zaragoza | 13 | 447 | 194 | 253 | – | – | 1 | 1 | 2008–09 | 2010–11 | 3 |
20 | Andorra | 12 | 419 | 186 | 233 | – | – | – | – | 1992–93 | 2021–22 | 6 |
21 | León | 11 | 398 | 179 | 219 | – | – | – | – | 1990–91 | 2007–08 | 6 |
22 | Peñas Huesca | 12 | 441 | 173 | 268 | – | – | – | – | 1983–84 | 1995–96 | 10 |
23 | Granollers | 10 | 352 | 166 | 186 | – | – | – | – | 1983–84 | 1992–93 | 5 |
24 | Cáceres | 11 | 388 | 163 | 225 | – | – | – | – | 1992–93 | 2002–03 | 5 |
25 | Obradoiro | 12 | 399 | 146 | 253 | – | – | – | – | 2009–10 | 2011–12 | 8 |
26 | Ourense | 10 | 383 | 143 | 240 | – | – | – | – | 1989–90 | 2000–01 | 8 |
27 | Granada | 12 | 411 | 140 | 271 | – | – | – | – | 1996–97 | 2010–11 | 10 |
28 | OAR Ferrol | 10 | 350 | 140 | 210 | – | – | – | – | 1983–84 | 1993–94 | 7 |
29 | Gipuzkoa | 12 | 411 | 135 | 276 | – | – | – | – | 2006–07 | 2020–21 | 5 |
30 | Lucentum | 9 | 316 | 132 | 184 | – | – | – | – | 2000–01 | 2011–12 | 6 |
31 | Collado Villalba | 6 | 226 | 93 | 133 | – | – | – | – | 1987–88 | 1991–92 | 8 |
32 | Oximesa | 6 | 225 | 82 | 143 | – | – | – | – | 1986–87 | 1991–92 | 11 |
33 | Cajabilbao | 5 | 184 | 76 | 108 | – | – | – | – | 1986–87 | 1990–91 | 9 |
34 | Maristas Málaga | 4 | 160 | 76 | 84 | – | – | – | – | 1988–89 | 1991–92 | 13 |
35 | San Pablo Burgos | 5 | 169 | 75 | 94 | – | – | – | 1 | 2017–18 | 2021–22 | 4 |
36 | Espanyol | 5 | 165 | 73 | 92 | – | – | – | – | 1984–85 | 1988–89 | 8 |
37 | Lleida | 4 | 140 | 57 | 83 | – | – | – | – | 2001–02 | 2004–05 | 8 |
38 | Cantabria | 5 | 170 | 53 | 117 | – | – | – | – | 1997–98 | 2001–02 | 14 |
39 | Menorca | 5 | 168 | 51 | 117 | – | – | – | – | 2005–06 | 2011–12 | 15 |
40 | Círcol Catòlic | 3 | 97 | 49 | 48 | – | – | – | 1 | 1983–84 | 1985–86 | 4 |
41 | Cajamadrid | 3 | 98 | 46 | 52 | – | – | – | – | 1983–84 | 1985–86 | 5 |
42 | Gijón | 4 | 144 | 37 | 107 | – | – | – | – | 1995–96 | 2001–02 | 15 |
43 | Salamanca | 2 | 76 | 36 | 40 | – | – | – | – | 1994–95 | 1995–96 | 9 |
44 | Tenerife AB | 2 | 89 | 28 | 61 | – | – | – | – | 1988–89 | 1989–90 | 22 |
45 | Llíria | 2 | 79 | 27 | 52 | – | – | – | – | 1991–92 | 1992–93 | 16 |
46 | Tenerife | 2 | 68 | 25 | 43 | – | – | – | – | 2003–04 | 2004–05 | 10 |
47 | Ciudad de Huelva | 1 | 39 | 11 | 28 | – | – | – | – | 1997–98 | 1997–98 | 17 |
48 | L'Hospitalet | 1 | 31 | 11 | 20 | – | – | – | – | 1983–84 | 1983–84 | 15 |
49 | Askatuak | 1 | 43 | 10 | 33 | – | – | – | – | 1988–89 | 1988–89 | 24 |
Liga ou situación na temporada 2022-23:
Liga ACB | |
Liga LEB Ouro | |
Liga LEB Prata | |
Liga EBA | |
Divisións inferiores | |
Desaparecido |
Resultados
editarA Liga Nacional foi a primeira denominación do campionato de primeira división de baloncesto. Das vinte e sete edicións da mesma, o Real Madrid saíu vencedor en vinte e dúas ocasións, sendo unicamente superado en cinco ocasións, das cales catro foi subcampión. Os outros vencedores foron o Club de Fútbol Barcelona de baloncesto con tres títulos e o Club Joventut de Badalona con dous campionatos. Desde que a competición pasou a ser organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto baixo a denominación de Liga ACB, un total de sete equipos resultaron vencedores. Alén do Real Madrid, o Barcelona e o Joventut, conseguiron vencer o Saski Baskonia, o Bàsquet Manresa, o Club Baloncesto Málaga e o Valencia Basket. A mellor xeira de títulos logrouna o Real Madrid, quen conseguiu proclamarse campión en dez temporadas consecutivas entre 1967 e 1977.
O xogador croata Velimir Perasović foi máximo anotador da liga en catro tempadas consecutivas co Baloncesto Fuenlabrada, alén dunha vez anteriormente co Club Baloncesto Breogán. Desde a temporada 1990−91 entrégase o premio ao mellor xogador da final sendo Juan Carlos Navarro, con tres, o máis galardoado. Un ano despois empezou a entregarse o premio ao mellor xogador da liga regular recaendo en tres ocasións no estadounidense Darryl Middleton, por diante das dúas ocasións logradas por Arvydas Sabonis, Tanoka Beard e Luis Scola.
Palmarés
editarA ACB está oficialmente considerada como a continuación da desaparecida Liga Nacional, polo que ambas competicións están consideradas na seguinte táboa.[1] En mtoda a historia da competición, só sete equipos diferentes conseguiron proclamarse campións.[2]
Club | C | SC | Temporadas |
---|---|---|---|
Real Madrid | 37 | 14 | 1957, 1958, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1980, 1982, 1984, 1985, 1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018, 2019, 2022, 2024 |
Barcelona | 20 | 23 | 1959, 1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2003, 2004, 2009, 2011, 2012, 2014, 2021, 2023 |
Joventut | 4 | 10 | 1967, 1978, 1991, 1992 |
Baskonia | 4 | 5 | 2002, 2008, 2010, 2020 |
Málaga | 1 | 2 | 2006 |
Valencia | 1 | 1 | 2017 |
Manresa | 1 | 0 | 1998 |
Picadero | 0 | 4 | |
Estudiantes | 0 | 4 | |
Sevilla | 0 | 2 | |
Orillo Verde | 0 | 1 | |
Bilbao | 0 | 1 | |
UCAM Murcia | 0 | 1 |
Líderes estatísticos
editar- Artigo principal: Líderes estatísticos da ACB.
Puntos
editarA nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 6 000 puntos, considerados pola ACB "históricos".[3] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]
Posto | Xogador | Partidos | Puntos | Media |
---|---|---|---|---|
1 | Alberto Herreros | 654 | 9.759 | 14,92 |
2 | Jordi Villacampa | 506 | 8.991 | 17,77 |
3 | Brian Jackson | 392 | 8.651 | 22,07 |
4 | Felipe Reyes | 824 | 8.332 | 10,34 |
5 | Juan Carlos Navarro | 689 | 8.318 | 12,07 |
6 | Granger Hall | 433 | 8.039 | 18,57 |
7 | Joan Creus | 585 | 7.929 | 13,55 |
8 | Joe Arlauckas | 365 | 7.543 | 20,67 |
9 | Álex Mumbrú | 677 | 7.435 | 10,98 |
10 | Velimir Perasović | 354 | 7.387 | 20,87 |
11 | Epi | 422 | 7.029 | 16,66 |
12 | Darryl Middleton | 398 | 6.425 | 16,14 |
13 | Andre Turner | 378 | 6.405 | 16,94 |
14 | Rafael Jofresa | 756 | 6.327 | 8,37 |
15 | Richard Scott | 350 | 6.199 | 17,71 |
16 | John Pinone | 332 | 6.175 | 18,60 |
17 | Bernard Hopkins | 456 | 6.088 | 13,35 |
18 | Claude Riley | 308 | 6.074 | 19,72 |
19 | Xavi Fernández | 499 | 6.042 | 12,11 |
20 | Chicho Sibilio | 348 | 6.010 | 17,27 |
Rebotes
editarA nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 2.500 rebotes, considerados pola ACB "históricos".[5] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]
Posto | Xogador | Partidos | Rebotes | Media |
---|---|---|---|---|
1 | Felipe Reyes | 824 | 4.725 | 5,70 |
2 | Granger Hall | 433 | 4.292 | 9,91 |
3 | Carlos Jiménez | 641 | 3.526 | 5,50 |
4 | Claude Riley | 308 | 3.033 | 9,85 |
5 | Ante Tomić | 497 | 2.982 | 6,00 |
6 | Juan Antonio Orenga | 616 | 2.933 | 4,77 |
7 | Arvydas Sabonis | 235 | 2.904 | 12,36 |
8 | Fran Vázquez | 656 | 2.842 | 4,33 |
9 | Bernard Hopkins | 456 | 2.806 | 6,15 |
10 | Mike Smith | 405 | 2.755 | 6,80 |
11 | Larry Micheaux | 269 | 2.729 | 10,14 |
12 | Darryl Middleton | 398 | 2.701 | 6,79 |
13 | Joe Arlauckas | 365 | 2.626 | 7,19 |
14 | Alex Mumbrú | 677 | 2.499 | 3,68 |
15 | Harper Williams | 346 | 2.493 | 7,21 |
16 | Anicet Lavodrama | 345 | 2.429 | 7,04 |
17 | Alfonso Reyes | 461 | 2.417 | 5,24 |
18 | Axel Hervelle | 473 | 2.355 | 4,98 |
19 | Ramón Rivas | 307 | 2.290 | 7,46 |
20 | Ferrán Martínez | 417 | 2.287 | 5,48 |
Asistencias
editarA nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 1 500 asistencias, considerados pola ACB "históricos". Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]
Posto | Xogador | Partidos | Asistencias | Media |
---|---|---|---|---|
1 | Pablo Laso | 623 | 2.896 | 4,64 |
2 | Marcelinho Huertas | 589 | 2.535 | 4,30 |
3 | Nacho Azofra | 705 | 2.224 | 3,15 |
4 | Albert Oliver | 675 | 2.074 | 3,07 |
5 | Nacho Rodríguez | 737 | 2.032 | 2,76 |
6 | Elmer Bennett | 361 | 1.838 | 5,09 |
7 | José Luis Llorente | 474 | 1.768 | 3,73 |
8 | Sergio Llull | 550 | 1.751 | 3,18 |
9 | Andre Turner | 378 | 1.748 | 4,62 |
10 | Pablo Prigioni | 461 | 1.721 | 3,73 |
11 | Omar Cook | 319 | 1.704 | 5,34 |
12 | Salva Díez | 519 | 1.691 | 3,26 |
13 | Javi Salgado | 462 | 1.672 | 3,62 |
14 | Juan Carlos Navarro | 689 | 1.637 | 2,38 |
15 | Rafael Jofresa | 758 | 1.569 | 2,07 |
16 | Sergio Rodríguez | 333 | 1.475 | 4,43 |
17 | Joan Creus | 585 | 1.461 | 2,50 |
18 | Rodrigo San Miguel | 527 | 1.445 | 2,74 |
19 | José Miguel Antúnez | 601 | 1.423 | 2,37 |
20 | Tomás Bellas | 433 | 1.402 | 3,23 |
Récords
editar- Máis puntos nun partido
- LR: 54 por Epi, FC Barcelona contra Joventut Massana o 18 de febreiro de 1984
- PO: 43 por David Russell, CB Estudiantes contra Real Madrid o 28 de marzo de 1987
- Liga Nacional (antes da temporada 1983–84): 65 por Walter Szczerbiak, Real Madrid contra Dyc Breogán o 8 de febreiro de 1976
- Máis canastras nun partido
- LR: 25 por Essie Hollis, Arabatxo Baskonia contra OAR Ferrol o 5 de febreiro de 1984
- PO: 19 por Chicho Sibilio, FC Barcelona contra OAR Ferrol o 17 de marzo de 1984
- Máis triplas nun partido
- LR: 12 por Jacob Pullen, FC Barcelona contra CB Valladolid o 8 de marzo de 2014
- PO: 10 por Chicho Sibilio, FC Barcelona contra Dyc Breogán o 12 de abril de 1986
- Máis tiros libres nun partido
- LR: 29 por Jeff Lamp, Granada contra Fórum Filatélico Valladolid o 21 de decembro de 1991
- PO: 19 por José Miguel Antúnez, CAI Zaragoza contra Estudiantes Caja Postal o 19 de abril de 1991
- Máis rebotes nun partido
- LR: 29 por Clarence Kea, Juver Murcia contra Dyc Breogán o 21 de decembro de 1991
- PO: 21 por Arvydas Sabonis, Real Madrid contra Valvi Girona o 1 de maio de 1993 e Real Madrid contra Estudiantes Caja Postal o 1 de abril de 1993; e por Fernando Romay, Real Madrid contra FC Barcelona o 4 de abril de 1987
- Máis asistencias nun partido
- LR: 19 por Sergio Rodríguez, Real Madrid contra Montakit Fuenlabrada o 11 de maio de 2016
- PO: 13 por Andre Turner, CB Caja San Fernando contra Real Madrid o 7 de maio de 1999; por Michael Anderson, CB Caja San Fernando contra Assignia Manresa o 22 de maio de 1999; e por Elmer Bennett, TAU Cerámica contra Adecco Estudiantes o 20 de maio de 2001
- Máis reoubos nun partido
- LR: 13 por Lance Berwald, BBV Villalba contra Caja Guipúzcoa o 11 de marzo de 1989 (unofficial)
- PO: 14 por Andrés Jiménez, FC Barcelona contra Ron Negrita Joventut o 1 de maio de 1985
- Máis tapóns nun partido
- LR: 12 por Fran Vázquez, FC Barcelona contra Grupo Capitol Valladolid o 7 de xaneiro de 2007
- PO: 8 por George Singleton, Assignia Manresa contra Unicaja Polti o 7 de abril de 1994; e por Derrick Alston, Assignia Manresa contra Adecco Estudiantes o 8 de maio de 1998
- Valoración
- LR: 66 por Arvydas Sabonis, Real Madrid contra Coren Ourense o 31 de marzo de 1995
- PO: 48 por Dennis Hopson, CB Estudiantes contra 7 Up Joventut o 18 de abril de 1993
- Anotadores prolíficos
- Partidos de máis de 50 puntos na súa carreira: 2 por Eddie Phillips e Henry Turner
- Partidos de máis de 50 puntos nunha temporada: 2 por Eddie Phillips en 1986−87 e Henry Turner en 1991−92
- Partidos de máis de 40 puntos na súa carreira: 11 por Ray Smith.
- Partidos de máis de 40 puntos nunha temporada: 7 por Eddie Phillips en 1986−87 e Ray Smith en 1988−89
- Partidos de máis de 40 puntos consecutivos: 3 por Eddie Phillips en 1986−87 e Oscar Schmidt en 1993−94
- Partidos de máis de 30 puntos nunha temporada: 24 por Walter Berry en 1990−91
- Partidos de máis de 30 puntos consecutivos: 13 por Walter Berry en 1990−91 (desde a xornada 4 até a 16)
- Xogadores con partidos de máis de 20 rebotes
- 12 partidos: Arvydas Sabonis (9 RS, 3 PO)
- 4 partidos: Jerome Lane (4 RS)
- 3 partidos: Tanoka Beard (3 RS) e Ken Johnson (3 RS)
- 2 partidos: Clarence Kea (2 RS), Warren Kidd (2 RS), Terry White (2 RS) e Claude Riley (2 RS)
- 1 partidos: Greg Foster (1 PO), Fernando Romay (1 PO), Felipe Reyes (1 RS), Granger Hall (1 RS) e Clyde Myers (1 RS)
- Dobres-Dobres
- En liga (todos os tempos): 205 por Granger Hall en 387 partidos, 137 por Arvydas Sabonis en 189 partidos, 119 por Claude Riley en 278 partidos, 116 por Larry Micheaux en 235 partidos, 100 por Tanoka Beard en 168 partidos.
- En playoffs (todos os tempos): 37 por Arvydas Sabonis en 46 partidos, 22 por Granger Hall en 46 partidos, 20 por Larry Micheaux en 33 partidos
- Máis dobres-dobres nunha soa temporada (liga): 33 por Tanoka Beard, 1997–98
- Máis dobres-dobres nunha soa temporada (playoffs): 11 por Arvydas Sabonis, 1992–93 e 1993–94
- Máis dobres-dobres consecutivos en liga: 17 por Arvydas Sabonis, 1989–90
- Triplos-Dobres
- Mike Smith con 31 puntos, 10 rebotes e 10 roubos o 21 de outubro de 1989
- Nacho Suárez con 10 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 11 de novembro de 1991
- Nacho Suárez con 15 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 9 de decembro de 1991
- George Singleton con 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns o 12 de febreiro de 1994
- Dejan Tomašević con 14 puntos, 13 rebotes e 10 asistencias o 12 de maio de 2004
- Fran Vázquez con 11 puntos, 10 rebotes e 12 tapóns o 7 de xaneiro de 2007
- Luka Dončić con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias o 9 de maio de 2018
- Máis puntos nun partido
- LR: 147 – FC Barcelona contra Cajabilbao 147–106 o 31 de xaneiro de 1987
- Menos puntos nun partido
- LR: 39 – Lagun Aro GBC contra Blancos de Rueda Valladolid 61–39 o 25 de abril de 2010
- Vitoria por maior diferenza
- LR: 65 – FC Barcelona Lassa contra Real Betis Energía Plus 121–56 o 11 de abril de 2018
- Vitoria con menos puntos
- LR: 49 – Assignia Manresa contra Meridiano Alicante 49–48 o 6 de marzo de 2011
Notas
editar- ↑ "El Palmarés de la Liga Endesa". ACB.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
- ↑ "Valencia Basket, séptimo campeón de Liga Endesa". ACB.com. 16 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
- ↑ "Históricos: Anotadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "¿Qué jugadores pueden convertirse en históricos acb?". ACB. 22 de maio de 2022.
- ↑ "Históricos: Reboteadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liga ACB |
Outros artigos
editar- MVP da ACB
- MVP da Final da ACB
- Xogador Revelación da ACB
- Mellor Quinteto da ACB
- Liga Nacional de Baloncesto
- Copa do Rei
- Supercopa de España
Ligazóns externas
editar- ACB.COM, páxina oficial da ACB (en castelán)