Incendio
Un incendio é unha ocorrencia de lume non controlada que pode abrasar algo que non está destinado a queimarse. Pode afectar a estruturas e a seres vivos. A exposición a un incendio pode producir feridas moi graves como a morte, xeralmente por inhalación de fume ou por desmaio producido pola intoxicación e posteriormente queimaduras graves. Para que se inicie un lume é necesario que se dean conxuntamente este tres factores: combustible, osíxeno e calor ou enerxía de activación.
Orixe do lume
editarOs incendios nos edificios poden empezar con erros nas instalacións eléctricas ou de combustión, como as caldeiras, escapes de combustible, accidentes na cociña, nenos xogando con chisqueiros ou mistos, ou accidentes que implican outras fontes de lume, como veas e cigarros. O lume pode propagarse rapidamente a outras estruturas, especialmente aquelas nas que non se cumpren as normas básicas de seguridade. Por iso, moitos municipios ofrecen servizos de bombeiros para extinguir os posibles incendios rapidamente.
As normativas sobre Protección de Incendios clasifican o risco que presenta cada tipo de edificio segundo as súas características, para adecuar os medios de prevención.
O risco atende a tres factores:
- Ocupación: maior ou menor cantidade de xente e coñecemento que teñen os ocupantes do edificio.
- Continente: atende aos materiais con que está construído o edificio, máis ou menos inflamables, así como á disposición construtiva, especialmente a altura que, se é grande, dificulta tanto a evacuación como a extinción.
- Contido: materias máis ou menos inflamables.
Segundo estes factores, o risco clasifícase en Lixeiro, Ordinario e Extraordinario.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Incendio |
- Sistema Balístico para o Control e a Extinción de Incendios Forestais Arquivado 14 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- Incendios no mapa (AccidentMap.com Accidente no mapa)