Comarca dos Ancares
Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.365 (2022) (8,92 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.049,96 km² | ||||
Localización e características
editarÉ unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 9 662 habitantes no 2020, e 1 049,96 km2[1], polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 9,20 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.
Os concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna confroman dende o ano 2006 a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Poboación
editarPadrón municipal 2020 | 9.662 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 572 (5,92 %) |
Entre 16 e 64 anos | 5.182 (53,63 %) |
Maiores de 65 anos | 3.908 (40,45 %) |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca dos Ancares.
-
O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro.
-
Panorámica da vila de Baralla
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-04-01.