Cædwalla de Wessex

(Redirección desde «Caedwalla de Wessex»)

Caedwalla (Cædwalla), nado en 659 e finado o 20 de abril de 689, foi Rei de Wessex desde o ano 685 aproximadamente ata que abdicou no ano 688.

Modelo:BiografíaCædwalla de Wessex

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Cædwalla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento659 Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 689 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro
Roma Editar o valor en Wikidata
Rei de Wessex
685 – 688
← Centwine de WessexIne de Wessex → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa20 de abril Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Wessex (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCynethryth Editar o valor en Wikidata
PaiCenberht Editar o valor en Wikidata
IrmánsMul de Kent Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-354

O seu nome deriva do nome britano Cadwallon. Foi exiliado de Wessex; durante o seu exilio, reuniu un exército e atacou Sussex e matou o seu rei Ethelwealh de Sussex. Con todo, Caedwalla foi incapaz de manter o territorio, e foi expulsado polos partidarios de Aethelwealh. En 685 ou 686 retornou a Wessex e finalmente converteuse en rei. É posible que eliminase a varios dos seus rivais dinásticos, xa que algúns rexistros informan de que Wessex estaba gobernado por varios reis ata a chegada de Caedwalla.

Tras o seu ascenso en Wessex, Caedwalla regresou a Sussex e conquistouno novamente, ocupando así mesmo a Illa de Wight, eliminando as dinastías que alí reinaban e convertendo aos seus habitantes ao cristianismo a punta de espada. Obtivo o control de Surrey e do Reino de Kent, e no 686 instaurou ao seu irmán Mul como rei de Kent. Un ano despois, Mul foi queimado durante unha revolta, polo que Caedwalla regresou a Kent e gobernouno directamente durante un tempo.

Caedwalla foi ferido durante a conquista da Illa de Wight, e quizais esta foi a razón pola que abdicou no ano 688 para viaxar a Roma para o seu bautismo e posterior morte. Chegou a Roma en abril de 689 e foi bautizado o sábado anterior a Semana Santa, morrendo dez días despois, o 20 de abril 689. Foi sucedido polo Rei Ine de Wessex.

Traxectoria

editar

A súa familia proviña da rexión de Cadwallon en Gales. De mozo foi exiliado na rexión do sur de Saxonia (no que agora se coñece como Sussex); nesa época atacou e matou o rei Aethelwealh. Con todo, Caedwalla foi incapaz de manter o territorio, xa que foi expulsado pola xente de Aethelwealh. No ano 685 ou 686 retornou a Wessex e finalmente converteuse en rei. Tamén é posíbel que estea involucrado en feitos de represión das dinastías rivais dese tempo, segundo os rexistros de Wessex, ás familias que gobernaron até a chegada de Caedwalla.

Despois do seu exilio Caedwalla regresou a Sussex e tomou aquel territorio novamente. así mesmo conquistou a Illa de Wight, provocando a extinción das dinastías que alí reinaban. Obtivo o control de Surrey e do Reino de Kent, e no 686 instaurou ao seu irmán Mul como rei de Kent. Un ano despois, Mul morreu queimado nunha revolta nas proximidades de Kent, polo que Caedwalla debeu regresar ao lugar durante un período considerábel para substituír o seu irmán.

Caedwalla foi ferido durante a conquista da Illa de Wight, e quizais esta foi a razón pola que abdicou no ano 688 para viaxar a Roma para o seu bautismo e posterior morte. Chegou a Roma en abril de 689 e foi bautizado o sábado anterior a Semana Santa, morrendo dez días despois, o 20 de abril 689. Foi sucedido polo Rei Ine de Wessex.

Fontes históricas acerca de Caedwalla.

editar

O mellor documento sobre os feitos relacionados con Saxonia Occidental é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum, escrita ao redor do ano 731 por San Beda O.S.B., tamén coñecido como Beda o Venerable ou Beda, monxe e cronista do norte. Beda recibiu abundante información confiábel acerca de Caedwalla de parte do Bispo Daniel de Winchester; Beda interesouse principalmente na cristianización dos saxóns occidentais, así como en relatar a historia da igrexa, que bota moita luz sobre Caedwalla e os saxóns do oeste[1]. A obra contemporánea Vita Sancti Wilfrithi, coñecida igualmente como “Vida de San Wilfrid”, foi escrita por Estevo de Ripon, pero a miúdo foi atribuída por erro a Eddius Stephanus, quen tamén menciona a Caedwalla[2]. Outra fonte útil é a Crónica anglosaxoa, un conxunto de sucesos dos anais da historia de Inglaterra recompilados en Wessex a finais do século IX, probabelmente baixo a dirección do rei Alfredo o Grande, asociada coa obra As Crónicas, a cal é unha listaxe dos reis e os seus reinados, coñecido como “A Lista Xenealógica dos Reis de Saxonia Occidental” (Lista de reis de Wessex)[1]. Existen así mesmo seis cartas que sobreviviron, aínda que algunhas de dubidosa autenticidade. Estas cartas eran documentos elaborados para rexistrar as doazóns de terras polos reis aos seus seguidores ou á igrexa, e son unhas das primeiras fontes documentais da Inglaterra de outrora.[3]

O territorio de Saxonia Occidental nos anos 680.

editar
 
Os reinos de Gran Bretaña a fins do século vii.

Durante o transcurso do século VII, os saxóns occidentais ocuparon un sector ao suroeste de Inglaterra, aínda que os límites exactos son difíciles de definir[4]. Ao oeste atopábase o Reino Británico nativo de Dumnonia, o cal é coñecido agora como Devon e Cornualla. Cara ao norte achábase Mercia, cuxo rei Wulfhere dominou até a zona meridional de Inglaterra durante o seu reinado. No ano 674 foi sucedido polo seu irmán Aethelred de Mercia, o cal foi militarmente menos activo que o seu irmán Wulfhere. Aethelred asediou moito a fronteira con Wessex, e gran parte da Saxonia occidental, pero non puido conservar a extensión capturada no seu momento por Wulfhere[5]. Cara ao sueste atopábase o reino de Saxonia do Sur, coñecido agora como Sussex; e ao leste o reino de Essex (Saxóns do Leste), os cales controlaban Londres.

Non todas as rexións nomeadas no libro “As Crónicas” poden ser identificadas, pero aparentemente Saxonia do Leste sería parte da zona setentrional de Somerset, ao sur de Gloucestershire e ao norte de Wiltshire, contra as posicións dos Británicos e os de Mercia. Cara ao suroeste, existen evidencias da influencia que exercían os Saxóns Occidentais rexidos por Cenwalh de Wessex, quen reinou desde 642 até 673, o cal é lembrado como o primeiro líder saxón de Sherborne Abbey, na rexión de Dorset. Similarmente, Centwine de Wessex foi o primeiro líder saxón de Glastonbury entre 676 e 685 na rexión de Somerset. Evidentemente os mosteiros que hai na rexión foron construídos por eles. Exeter, ao oeste, na rexión de Devon estivo baixo o control dos Saxóns Occidentais desde o ano 680, xa que Bonifacio foi educado naquel lugar nesa época.[4]

Os devanceiros

editar

O cronista e monxe Beda sostivo que Caedwalla foi "un mozo audaz da casa real de Gewissæ" e perdeu a súa vida moi nova, aos 33 anos de idade, no ano 689[6]. Beda adoitaba usar o nome tribal de "Gewisse" como equivalente para describir aos Saxóns Occidentais: As xenealoxías dos Saxóns Occidentais remóntanse a un tal “Gewis”, quen seguramente foi lendario[7].

Segundo “As Crónicas”, Caedwalla era fillo de Coenberht, descendente de Ceawlin de Cerdic, quen foi o primeiro Gewisse en establecerse en Inglaterra[8][9]. Con todo, hai moitas dificultades e contradicións nas listas de reinados, en parte causadas polos esforzos de escríbáns posteriores para tentar demostrar que cada rei da lista era descendente de Cerdic, polo que a xenealoxía de Caedwalla debe tratarse con certa precaución[10]. O seu nome é unha forma anglosaxoa do nome británico "Cadwallon", que pode indicar en parte a súa descendencia británica[11].

Primeira campaña militar en Sussex

editar

A primeira mención de Caedwalla atópase na Vida de San Wilfrido, no que aparece descrito como un nobre exiliado nos bosques de Chilternn e de Andred[12]. Non era estraño que un rei do século VII tivese que pasar algún tempo no exilio antes de subir ao trono. Oswald de Northumbria é outro exemplo destacado[13]. De acordo con “As Crónicas”, Cædwalla comezou a súa contenda para chegar ao trono no ano 685[8]. Malia o seu exilio nos bosques, foi quen de reunir suficiente forza militar para derrotar e matar o rei Æthelwealh de Sussex, aínda que pronto volveu ser expulsado por Berthun e Andhun, personaxes do clan do rei Æthelwealh, que administraron o país desde entón, posibelmente coma se fosen reis[14]. Mesmo chegaron a dominar a Illa de Wight e o val do río Meon, o cal se atopa ao leste de Hampshire; O documento “As Crónicas” data este suceso no ano 661, pero segundo Beda ocorreu "pouco antes da misión de Wilfrido contra os Saxóns do Sur en 680, o que implica unha data bastante posterior[15]. Wulfhere tamén atacou Ashdown, e “As Crónicas” volven datar este suceso no 661, pero o máis probábel é que teña lugar despois. Se estes feitos ocorreron no 680 ou pouco antes, o ataque de Caedwalla contra Æthelwealh explicaríase como unha resposta á presión dos da rexión de Mercia[5].

Outro indicio da situación política e militar pode ser a división no 660 da sede episcopal dos Saxóns occidentais de Dorchester, Dorset, unha nova sede que se estableceu en Winchester, moi preto da fronteira con Saxonia do Sur. A explicación de Beda para a división é que Cenwalh se cansou do discurso “franco” do bispo de Dorchester, o máis probábel é que se tratase dunha resposta ao avance dos de Mercia, que obrigou á expansión cara ao oeste de Saxonia, tal como as actividades militares de Caedwalla ao oeste, sur e leste, en lugar de cara ao norte[4][16]. Grazas ao éxito militar de Caedwalla pode deberse a razón de que nesa época empezase a usarse máis o termo "saxón occidental" en lugar de "Gewisse", xa que desde ese momento os saxóns occidentais comezaron a reinar sobre outros pobos anglosaxóns[4].

O seu reinado

editar

No ano 685 ou 686, Caedwalla converteuse en rei dos saxóns occidentais despois de que Centwine de Wessex, o seu antecesor, se retirase a un mosteiro[4]. Beda relata que Caedwalla logrou manterse no trono por dous anos, até 688, pero se o seu reinado durou polo menos tres anos, é posíbel que suba ao trono en 685[17]. Na “Lista Xenealóxica dos Reinados dos Saxóns Occidentais” (West Saxon Genealogical Regnal List) hai rexistros de que o período de reinado foi de tres anos e non de dous como indica Beda[15].

Segundo Beda, antes do reinado de Caedwalla, a rexión de Wessex estaba gobernada por unha especie de semirreis, que foron dominados un a un por Caedwalla antes de converterse el mesmo en Rei[18]. Aínda que Beda non o aclara explicitamente, é posible conxecturar que nalgún sentido Caedwalla terminou coa forma de reinado destes semirreis. Beda data a morte do Rei Cenwalh como o inicio dun período de dez anos no que os saxóns occidentais eran gobernados por estes minirreis; con todo, crese que Cenwalh morreu en 673, así que isto é algo incompatíbel coas datas da chegada de Caedwalla ao poder. Pode ser que Centwine, o antecesor de Caedwalla como rei de Wessex, comezase como un cogobernante, e que logo se establecese como rei até a chegada de Caedwalla[19][20]. Tamén é posíbel que houbese outras faccións cos seus propios semirreis provenientes da dinastía real dos saxóns occidentais, competindo polo poder con Centwine e Caedwalla. A cualificación destes gobernantes como “semirreis” pode deberse a unha descrición imparcial da situación por parte do bispo Daniel de Winchester, quen fora un dos principais informantes de Bede na Saxonia occidental[21]. Así mesmo é posíbel que non todos os subreis fosen eliminados. Está o rei Bealdred, quen reinou na área de Somerset e Wiltshire occidental, o cal é mencionado en dous tratados de repartición de terras; o primeiro data do ano 681 e o outro de 688, aínda que estes documentos foron catalogados como falsos por algúns historiadores[22][23]. Máis confuso é aínda a situación doutra concesión de terras, que se cre verdadeira, onde se mostra ao pai de Ine, Cenred, reinando aínda en Wessex nun período posterior á ascensión ao poder de Ine[15][24].

Unha vez no trono, Caedwalla atacou de novo aos saxóns do sur, e nesa oportunidade matou a Berthun, e "a rexión quedou no peor estado de sometemento"[14]. Tamén conquistou a illa de Wight, que seguía aínda baixo o dominio dun reino pagán independente, e dispúxose a matar a todos os nativos da illa, para así asegurar o asentamento do seu propio pobo. Arwald, rei da illa de Wight, era xunto cos seus dous irmáns os herdeiros. Eles fuxiron da illa, pero foron atopados en Stoneham, en Hampshire, e asasinados por ordes de Caedwalla, aínda que foron persuadidos por un sacerdote para que se deixasen bautizar antes de ser executados. Beda menciona igualmente que Caedwalla foi ferido e estábase recuperando das súas feridas cando veu o sacerdote a pedir permiso para bautizar aos príncipes[25].

Nunha carta do ano 688, Cædwalla realiza unha repartición de terras en Farnham para a construción da Catedral, o cal serve de evidencia para afirmar que Cædwalla controlaba o territorio de Surrey[26]. Tamén invadiu Kent en 686, e pode fundar un mosteiro en Hoo, ao nordés de Rochester, entre o río Medway e o Támesis. Alí instalouse o seu irmán, Mul de Kent, como rei de Kent, en lugar do seu antecesor o rei Eadric de Kent. Nunha revolta posterior, Mul morreu queimado, xunto con outros doce seguidores, de acordo coa Crónica anglosaxoa. Caedwalla respondeu cunha nova campaña contra a rexión de Kent, arrasando a terra e deixando un total estado de caos. É posíbel que goberne Kent directamente despois desta segunda invasión[27].

Cristianismo

editar
 
Mural do século XVI realizado por Lambert Barnard na Catedral de Chichester, describindo a Cædwalla entregando as súas terras a San Wilfrid.

Caedwalla aínda non estaba bautizado cando chegou ao trono en Wessex, e mantívose así durante todo o seu reinado. Aínda que se refire a miúdo como un pagán, non é necesariamente a mellor descrición, xa que é posíbel que tivese crenzas cristiás, pero atrasou o seu bautismo até a un tempo despois, segundo a súa conveniencia.

El foi claramente respectuoso da igrexa, segundo demostran varias Cartas de subvencións realizadas ás igrexas e edificios relixiosos da época[3]. Cando Caedwalla atacou por primeira vez aos saxóns do Sur, Wilfrido estaba na corte do rei, e cando Æthelwealh foi asasinado, o mesmo Wilfrido recoñeceu a Caedwalla; o escrito “A Vida de Wilfrido” lembra que Cædwalla consideraba a este como un pai espiritual[12][15]. Beda afirma que Caedwalla se comprometeu a dar un cuarto da illa de Wight á igrexa se a daban conquistado, e que Wilfrido foi o beneficiario cando se cumpriu a promesa. Beda tamén di que Caedwalla accedeu a que os herdeiros de Arwald (rei da illa de Wight) fosen bautizado antes de ser executados[25]. En dúas das cartas de Caedwalla atópanse doazóns de terras a Wilfrido, e tamén hai probas posteriores de que Caedwalla traballou con Wilfrido e Eorcenwald, un bispo dos saxóns do leste, para establecer unha sociedade eclesiástica de Sussex[3][28]. Con todo, non hai probas de que Wilfrido exercese algún tipo de influencias sobre as actividades seculares de Caedwalla ou das súas campañas[29]. A asociación de Wilfrido con Caedwalla pode haberlle beneficiado a el doutra maneira: n'“A vida de Wilfrido” afírmase que o Arcebispo de Canterbury, Teodoro de Tarso, expresou o seu desexo de que Wilfrido fose o seu sucesor. De ser certo isto, hai evidencias dunha aparente asociación de Wilfrid co Bispado do sur durante o reinado de Caedwalla[27].

Abdicación, bautismo e morte

editar

En 688 Caedwalla abdicou ao poder e foi en peregrinación a Roma, posiblemente porque xa estaba a morrer debido ás feridas que sufrira mentres loitaba na Illa de Wight[4]. Caedwalla nunca fora bautizado, e Beda sostén que a Caedwalla gustaríalle "obter o privilexio especial de recibir a purificación do bautismo no santuario dos Apóstolos bienaventurados". Sábese que se detivo en Francia na localidade de Samer, preto de Calais, e que doou diñeiro alí para a fundación dunha igrexa, e tamén hai rexistros do seu paso pola corte do Cunipert, rei dos lombardos, no que hoxe é o norte de Italia[30].

En Roma, foi bautizado polo Papa Serxio I o sábado anterior a Semana Santa (segundo Beda). Tomou o nome de Pedro e morreu pouco tempo despois, "aínda cos seus vestidos brancos". Foi enterrado na igrexa de San Pedro. O escrito de Beda Historia Eclesiástica e as Crónicas anglosaxoas concordan en que Caedwalla faleceu o 20 de abril, pero nestes escritos asegúrase que morreu sete días despois do seu bautismo, aínda que o sábado anterior de Pascua foi o 10 de abril dese ano. O epitafio da súa tumba descríbeo como "O Rei dos Saxóns"[6][31].

A saída do poder de Caedwalla en 688 parece dar lugar a unha inestabilidade no sur de Inglaterra. Ine de Wessex, o sucesor de Caedwalla, abdicou no 726, e a compilacíon “Lista Xenealóxica real dos Saxónss Occidentais” aclara que reinou durante trinta e sete anos, o que implica que o seu reinado comezou en 689 en lugar de 688. Isto podería indicar un período de inestabilidade entre a abdicación de Caedwalla e a toma do poder de Ine. A monarquía tamén sufriu cambios na rexión de Kent en 688, con Oswine de Kent, que aparentemente foi un merciano que tomou o trono, e non hai evidencia da influencia oriental de Saxonia sobre a rexión de Kent, nos anos inmediatamente despois da abdicación de Caedwalla[32].

No ano 694, Ine substraíu unha indemnización de 30.000 peniques do tesouro de Kent pola morte de Mul. Esta cantidade representaba, segundo el, o valor da vida de Aetheling. Ine parece manter o control de Surrey, pero nunca recuperou o territorio de Kent[33]. Ningún rei de Wessex volveu aventurarse cara ao leste até a chegada de Ecgberht de Wessex, máis de cen anos despois[34].

  1. 1,0 1,1 Yorke 1990, pp. 128–130.
  2. "Stephen of Ripon" in Encyclopaedia of Anglo-Saxon England.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Anglo-Saxons.net". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 4 de xullo de 2007. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 For a discussion of seventh-century West Saxon expansion, see Yorke 1990, pp. 135–138.
  5. 5,0 5,1 Kirby 1992, pp. 115–116.
  6. 6,0 6,1 Bede, Ecclesiastical History, Book V, Ch. 7, from Sherley-Price's translation, p. 275.
  7. Kirby 1992, pp. 48, 223.
  8. 8,0 8,1 Swanton 1996, p. 38.
  9. Yorke 1990, p. 133.
  10. Yorke 1990, pp. 130–131.
  11. Yorke 1990, pp. 138–139.
  12. 12,0 12,1 Kirby 1992, p. 119.
  13. Campbell, John & Wormald 1991, p. 56.
  14. 14,0 14,1 Bede, Ecclesiastical History, Book IV, Ch. 15, from Sherley-Price's translation, p. 230.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Kirby 1992, p. 120.
  16. Bede, Ecclesiastical History, Book III, Ch. 7, from Sherley-Price's translation, pp. 153–155.
  17. Bede, Ecclesiastical History, Book V, Ch. 7, from Sherley-Price's translation, pp. 275–276.
  18. Bede, Ecclesiastical History, Book IV, Ch. 12, from Sherley-Price's translation, p. 224.
  19. Yorke 1990, pp. 145–146.
  20. Kirby 1992, pp. 51–52.
  21. Kirby 1992, p. 53.
  22. "Anglo-Saxons.net S 236". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 4 de xullo de 2007. 
  23. "Anglo-Saxons.net S 1170". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 4 de xullo de 2007. 
  24. "Anglo-Saxons.net S 45". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2007. 
  25. 25,0 25,1 Bede, Ecclesiastical History, Book IV, Ch. 16, from Sherley-Price's translation, pp. 230–232.
  26. "Anglo-Saxons.net S 235". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 4 de xullo de 2007. 
  27. 27,0 27,1 Kirby 1992, p. 121.
  28. Yorke 1990, p. 56.
  29. Kirby 1992, p. 117.
  30. Stenton 1971, pp. 2–7.
  31. Swanton 1996, pp. 40–41.
  32. Kirby 1992, p. 122.
  33. Kirby 1992, p. 124.
  34. Kirby 1992, p. 192.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar