Plana de Uesca
A Plana de Uesca (que significa Chaira de Uesca, e que se lle chama Hoya de Huesca en castelán e oficialmente Hoya de Huesca/Plana de Uesca[1]) é unha comarca de Aragón, en España. A maior parte da comarca está situada na provincia de Huesca pero tamén inclúe dous municipios da provincia de Zaragoza (Murillo de Gállego e Santa Eulalia de Gállego). A súa capital é Huesca.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.525,6 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Paradoxalmente, e malia faceren referencia en ambos os casos a un accidente xeográfico, os nomes tradicionais da bisbarra en aragonés (Plana de Uesca) e en castelán (Hoya de Huesca) non significan o mesmo. Plana é aragonés para 'chaira', mentres que hoya é castelán para 'fondal'. En catalán coñécese como Foia d'Osca.
A súa economía está fundada, principalmente, na agricultura e gandería. A industria baséase, fundamentalmente, na do metal.
Municipios
editarA comarca engloba os municipios de Agüero, Albero Alto, Alcalá de Gurrea, Alcalá d'o Bispe, Alerre, Almudébar, Angüés, Antillón, Argavieso, Arguis, Ayerbe, Banastars, Biscarrués, Blecua y Torres, Casbas de Uesca, Chimillas, Gurrea de Gállego, Huesca/Uesca, Ibieca, Igriés, Lobarre, Loporzano, Os Corrals, Lupiñén-Ortilla, Monflorite-Lascasas, Morillo de Galligo, Novales, Nueno, Las Peñas de Riglos, Pertusa, Piracés, Quicena, Salillas, Santolaria de Galligo, Sesa, Sietemo, La Sotonera, Tierz, Tramaced e Bizién.
Xeografía
editarEmprazada na parte central do somontano oscense, é atravesada polos ríos Isuela, Flumen e Guatizalema. Sitúase entre os ríos Sotón e Alcanadre e está limitada polas serras de Gratal e Guara.
Limita ao norte coas comarcas de Jacetania e Alto Gállego, ao sur coas de Zaragoza e Los Monegros, ao leste con Somontano de Barbastro e ao oeste con Cinco Villas.
Notas
editar- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plana de Uesca |