Saltar ao contido

antigo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Galego

Adxectivo

antigo (ms: antigo; mpl: antigos; fs: antiga; fpl: antigas)

  1. Que existe, que se conserva desde hai moito tempo.
    • Exemplo: Un antigo rito. Están a restaurar unha antiga igrexa. Un moble antigo. Unha antiga tradición

      .
  2. Que existiu, aconteceu ou se deu hai moito tempo, en época remota.
    • Exemplo: Están a estudar as antigas poboacións que habitaron estas terras.

  3. Que leva máis tempo desempeñando un cargo ou función.
    • Exemplo: Fixéronlle unha homenaxe ao traballador máis antigo da empresa. Preside o tribunal o catedrático máis antigo

      .
  4. Que xa non é ou non existe en calidade do que se expresa.
    • Exemplo: Hai unha xuntanza de antigos alumnos do colexio

      .
  5. Que xa non se usa, que non é actual.
    • Exemplo: Gustábame máis o modelo antigo dese coche ca o novo

      .
  6. (Historia) Anterior á caída do Imperio romano.
    • Exemplo: Estuda a filosofía antiga. Idade Antiga

      .

Substantivo feminino

antigo (ms: antigo; mpl: antigos; fs: antiga; fpl: antigas)

  1. (Dereito) Dereito de paso a través de leiras alleas.
    • Exemplo: Gozan dunha antiga lei que lles permite acceder á súa propiedade

      .
  2. Paso ou camiño suxeito a este dereito.
    • Exemplo: A leira ten unha antiga polo fondo

      .

Sinónimos

Substantivo masculino plural

antigo (sg: antigo; pl: antigos)

  1. Dise das persoas que viviron en tempos remotos, particularmente na Antigüidade clásica.
    • Exemplo: Os antigos pensaban que a Terra era plana

      .