Usuario:Estevoaei
Wikipedia:Babel | |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
|
Estevoaei é o meu nome de usuario na Galipedia, onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome Adrián Estévez, son de Pontevedra e traballo na Coruña. Vivín tamén en Cangas, San Xurxo de Sacos, Santiago de Compostela, Figueirido e A Gudiña.
Fixen o Bacharelato no IES Sánchez Cantón. Estudei un ciclo superior de artes gráficas, fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na USC. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a toponimia, e estou a desenvolver a subpáxina Usuario:Estevoaei/topónimos. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a novela negra. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de John Fante A irmandade da uva. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. Colaborei en Pontevedra Viva facendo crítica literaria unha vez por semana coa sección "Lecturas desde O Alcouce".
Creo firmemente na autoxestión; milito no anarcosindicalismo e colaboro no Liceo Mutante. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á billarda e ao fútbol gaélico, primeiro no Pontevedra FG e despois no Berobreo FGM, o Dorna FG, o Auriense FG e o Fillos de Breogán. Amais de diversos lugares da península Ibérica, estiven en Mallorca, Montecarlo, Milán, Venecia, Verona, Florencia, Pisa, Roma, a Cidade do Vaticano, Sheffield, Cholet, Praga, Copenhague, Bérgamo, Liubliana, Zagreb, Saraxevo, Mostar, Dubrovnik, Split, París, Berna, Viena, Londres, Sicilia, Madeira, Turín, Aberystwyth, Cardiff, Cidade do Cabo, Sydney, Melbourne, Tasmania, Nova Zelandia, Cornualles, Estocolmo, Gotland, Berlín, Marrakech, Essaouira, Sofia, Skopje, Ohrid e Tirana.
Son un lambón. Gústame o polbo á feira, os pementos de Padrón, o arroz con chícharos, a tortilla de patacas, o leite frito, a sidra, o viño e o kalimotxo.
Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde Einstürzende Neubauten até Ataque Escampe pasando por Julieta Venegas. Son cantante no grupo Columna Vegana.
Wiki-actividades
[editar | editar a fonte]Rexistreime como usuario en maio de 2006, e as miñas primeiras edicións foron nos artigos de Evo Morales e a CNT. Comecei a editar de forma constante no verán de 2007, e aos poucos fun aprendendo a subir fotos, traducir artigos doutras linguas e redactar artigos novos desde cero. Compañeiros do proxecto axudáronme a aprender o funcionamento das categorías, as interwikis e outros trebellos. Despois coñecín Wikimedia Commons (o repositorio de material fotográfico, sonoro e audiovisual), o Wiktionary (onde me gustaría colaborar máis) e Wikidata (o futuro).
De vez en cando gústame coller o carro e a cámara e ir tirar fotacas e coñecer mundo (ver abaixo os Wiki Takes nos que participei). Libero as fotos que saco con licenza CC BY-SA 4.0 (Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional), e alégrame miralas despois por aí e ver que se lles dá uso, pero mólame que se citen as fontes. Un dos ámbitos que me mola fotografar é o do deporte, como expliquei no artigo "Retos e desafíos na fotografía deportiva: superando barreiras de xénero e capturando momentos especiais".
Creo firmemente na filosofía do compañeiro Angeldomcer: "Se hai que facer un artigo novo, faise. Pero redactar por menos de 2000 bytes (de texto) é tontería". Procuro engadir artigos sobre Galiza doutras wikis á lista de artigos iniciados. Pero antes hai moooito que aumentar e wikificar. Teño un virus no computador que me fai estar 25 horas ao día enganchado á páxina de cambios recentes. Cando estou aburrido, fedello buscando unha páxina aleatoria; por veces, descóbrense artigos moi interesantes!! Un dos retos que me propuxen foi o 100wikidays. A través da Galipedia, coñecín xente moi interesante, xa vía on-line, xa en encontros (Pontevedra, 09/02/2008; Santiago de Compostela, 10/04/2010; Lugo, 23/10/2010; Pontevedra, 20/04/2011; Cidade da Cultura, 17/11/2011; Aranda de Duero, 19/11/2016).
- Encontros
- Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego (Lugo, novembro de 2015)
- Primeiro wikimaratón do audiovisual (Pontevedra, novembro de 2015)
- Editatón 30x30 Tratados de Paz na Arte (Donostia, xullo de 2016[1]
- Wikimaratón Museo da enerxía (Ponferrada, novembro de 2016)
- Wiki Takes: Manchuela (abril 2017), Cuenca (maio 2018), Zamora (outubro 2018), Burgos (maio 2019), Huelva (maio 2022) e Salamanca (setembro 2022)
- Wikimaratón sobre la llingua asturiana, no marco do Wikialcuentru 50.000 artículos n'asturianu (Bimenes, xullo 2017)[2]
- Editatón termas romanas (Madrid, novembro de 2017)
- Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Compostela, febreiro 2018)
- Aprendendo WikiData (Compostela, febreiro 2018)
- Aprendendo WikiData II (Lalín, setembro 2019)[3][4]
- Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller (Ourense, marzo de 2018)
- Wikimaratón Grupo Nós (Ourense, outubro de 2018)
- EMLex Wiktionary HackFest 2018 (Pontevedra, novembro 2018)
- EMLex Wiktionary HackFest 2019 (Pontevedra, novembro 2019)
- BNP GLAM Days 2018 (Lisboa, novembro 2018).
- Celtic Knot Conference 2018 (Gales, xullo 2018)[5]; participei coa charla "Galician Literature in Wikipedias: from Middle-Age lyric to contemporaneous crime fiction".
- Celtic Knot Conference 2019 (Cornwall, xullo 2019); participei coa charla sobre EMLex Wiktionary HackFest.
- Wikimania 2018 (Cidade do Cabo, xullo 2018); presentei o póster 100wikidays: women writers, e colaborei na charla Documenting rural areas by WikiTakes activities.
- Wikimania 2019 (Estocolmo, 14-18 de agosto)
- Wikimedia+Education Conference 2019 (Donostia, abril 2019)
- The worlds of Wikimedia: communicating and collaborating across languages and cultures (Sydney, xuño 2019); participei coa charla "Galician Literature in Wikipedias: from Middle-Age lyric to contemporaneous crime fiction".
- WikidataCon 2019 (Berlín, 25 e 26 de outubro)
Son socio de Wikimedia España desde o ano 2016, e socio de Wikimedia Portugal desde 2018.
- V Xornadas de WMES (Murcia, setembro 2017)
- Xornadas de estratexia 2018-2021 (Torreandaluz, xaneiro 2018)
- VI Xornadas de WMES (Gasteiz, outubro 2018; participei no debate Las brechas en los Proyectos Wikimedia).
- VII Xornadas WMES (Iruña, outubro 2019; participei coa charla 100WikiDays xunto co Santiago Navarro).
- WikiCon Portugal (Porto, xaneiro 2020; participei coa charla sobre o Projeto Nenhuma freguesia sem fotografia).
- VIII Xornadas de WMES (Xixón, novembro 2021).
- IX Xornadas de WMES (Almería, novembro 2022; participei cun obradoiro sobre WikiShootMe).
- Porto Meeting 2023 (Porto, xuño 2023; participei cunha charla sobre a situación da Galipedia).
- X Xornadas de WMES (Salamanca, novembro 2023; participei na mesa sobre diversidade lingüística).
- Divulgación
Dei charlas introdutorias á Galipedia no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (marzo de 2016), no CEIP Enrique Barreiro de Vilariño (maio de 2018), no IES Sánchez Cantón de Pontevedra (abril de 2014 e abril de 2018), o IES As Lagoas de Ourense /maio de 2018), na Facultade de Filoloxía da USC e na Facultade de Filoloxía da Coruña (novembro de 2016). Tamén falei noutra Wikimaratón na FFT da Uvigo[6] e mais noutra en Teleco[7], as dúas en abril de 2016[8]. Canda a Usuario:Ogalego.gal dei unha charla sobre a Galipedia para o Programa de Maiores do Campus de Pontevedra na Casa das Campás en decembro de 2017. En marzo de 2018 comecei a coordinar o proxecto Maxisterio Ourense. Nese mesmo mes dei un curso de introdución á Wikipedia organizado pola asociación AberTeo, e en abril dei un curso de introdución a Commons organizado pola asociación Nfoca8 de Betanzos. Tamén fixen unha charla nunha taberna en Pontevedra, cunha reflexión sobre os motivos que me levan a editar na Wiki. En xaneiro e febreiro de 2019 dei un curso para profesorado no IES Breamo de Pontedeume, e en outubro de 2022 co Instituto de Estudos Miñoráns. En febreiro de 2023 dei a charla La Wikipedia como herramienta didáctica para o mestrado de Comunicación e Educación na Rede da UNED.
Falei tres veces sobre a Galipedia na Radio Galega: o 11 de agosto de 2009, ao chegarmos aos 50.000 artigos; o 12 de marzo de 2013 no Diario Cultural[9], polo décimo aniversario; o 2 de outubro de 2017 no Galicia por diante sobre o Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[10]. Entrevistáronme en GCiencia polo 15º aniversario[11], e en La Voz de Galicia[12] e nos papeis da Academia Galega do Audiovisual[13].
Xunto co Usuario:Beninho redactei o artigo "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega"[14], que apareceu na revista Madrygal en 2012. Escribín un artigo sobre a presenza do rugby na Galipedia para a revista O salmón oval, e redactei para clase este traballo sobre a escolla de nomes de usuario na Galipedia. En base a el, participei na III Xornada de Onomástica Galega que celebra a RAG (Pontevedra, outubro 2018). En 2024 publiquei o artigo "Presenza rosaliana nos proxectos Wikimedia" na revista Follas Novas.
Participei nas xornadas A Historia no medio: Unha análise da Historia nos medios de comunicación, que tiveron lugar na Facultade de Historia do Campus de Ourense en maio de 2012, coa charla "A Galipedia como medio para achegarse á historia"[15]. Tamén participei no II Congreso Internacional Relex, A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual[16], celebrado na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela en outubro de 2015, onde falei nunha mesa redonda sobre o traballo colaborativo. En 2021 participei no Congreso SOPA xunto con Luis Ulzurrun e Montse Sáez.[17]
En marzo de 2018 recollín en nome da Galipedia o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua, concedido polo Concello de Pontevedra. En decembro dese ano recollín o Premio Rosalía de Castro de Lingua, concedido pola Deputación da Coruña.
- Propósitos
- Wikimania 2024 (Katowice, agosto)
- Celtic Knot 2024 (Waterford, setembro)
- Propósitos que non puideron ser pola pandemia de covid
- WikiTakes Salamanca (maio 2020)
- Wikidata Days 2020 (Lisboa, xullo 2020)
- Celtic Knot 2020 (Limerick, xullo 2020)
- Wikimania 2020 (Bangkok, agosto 2020)
- Xornadas Wikimedia España (Málaga, outubro 2020)
- Arctic Knot 2021 (Noruega, xullo 2021)
- WikidataCon 2021 (Berlín, outubro 2021)
Obxectivos e prioridades
[editar | editar a fonte]- Artigos bos dos 313 concellos de Galicia (Pontedeume);
- Artigos de calidade das 7 cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo, Santiago de Compostela).
- Artigos bos dos Bens de Interese Cultural de Galiza e as diferentes vías do camiño de Santiago (Camiño Francés);
- Artigos de calidade da Catedral de Santiago de Compostela e dos 4 Patrimonio da Humanidade (muralla de Lugo, camiño de Santiago, torre de Hércules e zona vella de Santiago de Compostela);
- Artigos bos das Festas de interese turístico de Galicia;
- Artigos de calidade das 6 festas de interese turístico internacional (Rapa das bestas de Sabucedo, Corpus Christi de Ponteareas, Festival Internacional do Mundo Celta, Festas do Apóstolo Santiago, Romaría Viquinga de Catoira e Semana Santa de Viveiro);
- Artigos bos das persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas (Valentín Paz-Andrade, artigo de calidade; artigos bos: Florentino López Cuevillas, Antón Villar Ponte, Antón Losada Diéguez, Manuel María);
- Artigos de calidade de Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor; Afonso X, Frei Martín Sarmiento;
- Artigos de calidade de Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, Ramón María del Valle-Inclán, Torrente Ballester, Pardo Bazán, Concepción Arenal, Camilo José Cela, Julio Camba, Maruxa Mallo, Francisco Asorey, Antonio Palacios, Carolina Otero, Chano Piñeiro, Xoán Rof Carballo, Alexandre de Fisterra, Eduardo Barreiros;
- Artigos bos de Santiago Casares Quiroga, José Calvo Sotelo, Francisco Franco, Leopoldo Calvo-Sotelo, Mariano Rajoy Brey, Fidel Castro;
- Artigos de calidade de batalla de Rande, batalla de Ponte Sampaio e batalla de Elviña (artigo bo);
Pendente
[editar | editar a fonte]- Xeografía
- Incluír as capitais en concellos de Galicia
- Xeolocalización das imaxes e os artigos susceptibles de selo (mosteiros, igrexas; castros, petróglifos, mámoas, praias, cabos, faros, illas; concellos, parroquias, lugares; arquitectura civil, pazos e casas grandes, recintos deportivos; etc.)
- Poboación das entidades que aparecen en Miñano e Madoz; dixitalizar os mapas
- Usuario:Estevoaei/topónimos
- Incluír en cadanseu concello os miliarios que aparecen descritos en Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense)
- Wikiproyecto:Ningún municipio español sin fotografía
- Wikidata
- Crear elementos en Wikidata de Wikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI
- Crear elementos en Wikidata de Wikipedia:Entradas do Diccionario bio-bibliográfico de escritores
- Crear elementos en Wikidata de Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega
- dar formato a lugares, parroquias, concellos e alcaldes.
- revisar ligazóns a GeoNames aquí e aquí
- Lingua e literatura
- Crear os artigos dos fonemas da lingua galega. Mellorar os artigos de fonética e fonoloxía.
- Mellorar os artigos das letras do alfabeto galego; categorizalas separadas das letras do alfabeto grego.
- Ficheiro:SynTree Spanish01.png (buscarlle alternativa)
Recursos
[editar | editar a fonte]- atallos: erros ortográficos - artigos solicitados - imaxes solicitadas (Categoría:Artigos sen imaxes) - páxinas curtas - Categoría:Galicia (es:) usuario:Srnec na wiki:en
- utilidades: Voo 1956 - mapas SITGA - Mapas CDIX - mapas IGN - datos IGE - Nomenclátor - nomenclator 2.0 - terminoloxía da USC - laboratorio
Buscador ISBN España - BiTraGa - estradas de Galiza
Move-to-Commons assistant
- Wikipedia:AutoWikiBrowser/Script (instrucións)
- nota mental: notas musicais - pan - EEUU / USA - nomes de reis
Agregar ==Véxase tamén== + "nados en" e "finados en" aos artigos dos anos. - Galipedia
- Projeto Littera da Universidade Nova de Lisboa
- http://www.patrimoniodecotobade.org/
- https://query.wikidata.org/
- GeneaWiki (xerador de árbores xenealóxicas; aínda non o controlo)
- m:Wikipedia Cultural Diversity Observatory
- curso de Google Code-in
- Posibilidades da Wikipedia método experimental de dixitalización e virtualización de espazos museísticos
Dicionarios, glosarios, corpus
[editar | editar a fonte]- Dicionario da Real Academia Galega
- Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega
- Dicionário electrónico Estraviz
- Dicionario de dicionarios
- Dicionario do Galego de Asturias
- Dicionario do Galego do Bierzo
- Dicionario de dicionarios do galego medieval
- Dicionario de xirias
- Dicionario de pronuncia da lingua galega
- Dicionario galego de termos xurídicos
- Dicionario das TIC
- Dicionario CLUVI Inglés-galego
- Diccionario Italiano-galego (non está actualizado á normativa; 2000)
- Dicionario galego-latín clásico e moderno
- Dicionario de recursos humanos
- Dicionario de bioloxía
- Dicionario galego de televisión
- Dicionario de alimentación e restauración
- Dicionario visual da construción (2004)
- Dicionario de vestimenta tradicional galega
- Dicionario de SMS
- Glosario de gastronomía
- Glosario de fútbol
- Os deportes náuticos
- Glosario de urbanismo
- Glosario de Internet
- Glosario de termos forestais
- Vocabulario de Morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria
- "A fala do ferro: vocabulario de ferreiros, as mulleres, afiadores e outras xentes de Riotorto"
- Obradoiros terminolóxicos
- Glosario de termos para a avaliación das linguas
- Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA)
- [arquivo.usc.es/ahus2/pages/tiles/login.jsp Arquivo Histórico Universitario]
- Arquivos de Galicia
- Corpus Xelmírez; Corpus lingüístico da Galicia medieval
- [sli.uvigo.es/toponimia/ Aquén]; toponimia galega
- Asociación Galega de Onomástica
- Cartografía dos Apelidos de Galicia
- Tesouro Informatizado da Lingua Galega
- Camiños, canais e portos
- Abreviaturas (I) - Abreviaturas (II)
- Vocabulario sexual galego
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Tratados de paz' llega a la Wikipedia", Diario Vasco, 10 de xullo de 2016 (en castelán)
- ↑ "Bimenes, capital de la Wikipedia", El Comercio, 30 de xullo de 2017 (en castelán).
- ↑ Miguel Souto (29 de setembro de 2019). "Taller para wikipedistas en Lalín". La Voz de Galicia.
- ↑ "Encuentro formativo de wikipedistas gallegos en Lalín". Faro de Vigo. 29 de setembro de 2019.
- ↑ "Así fue el periplo de Adrián Estévez Iglesias en Celtic Knot", no blog de Wikimedia España.
- ↑ "A Galipedia suma voluntarios na universidade", reportaxe en GCiencia, 13 de abril de 2016.
- ↑ Wikimaratón
- ↑ vídeo
- ↑ podcast, Diario Cultural, 12 de marzo de 2013.
- ↑ podcast Galicia por diante, 2 de outubro de 2017.
- ↑ Manuel Rey (6 de marzo de 2018). "‘Enterámonos das mortes dos famosos cando as vemos na Galipedia’". GCiencia.
- ↑ Xosé Manoel Rodríguez (16 de decembro de 2018). "Adrián Estévez: «A enciclopedia galega en rede está moi ben posicionada en Wikipedia»". La Voz de Galicia.
- ↑ "Así se edita o audiovisual galego na Galipedia". Academia Galega do Audiovisual. 26 de decembro de 2018.
- ↑ "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega"
- ↑ "A Galipedia como medio para achegarse á historia"
- ↑ Programa
- ↑ "Wiki Takes Ávila con motivo del SOPA21". Wikimedia.es. 18 de novembro de 2021.