Terras da Xeneralidade
As Terras da Xeneralidade (Generaliteitslanden en neerlandés) eran territorios da República dos Sete Países Baixos Unidos baixo administración directa dos Estados Xerais.
En contraste coas sete provincias que constituían a República (Groninga, Frisia, Overijssel, Güeldres, Utrecht, Holanda e Zelandia), as Terras da Xeneralidade non dispoñían de voto no goberno do país.
Eran antigas rexións católicas que, no curso da guerra dos Oitenta Anos pasaron do poder español ao das Provincias Unidas.
Funcionaban como "territorios ocupados" e servían de zona de contención entre a República e os Países Baixos españois.
As terras da Xeneralidade eran:
- Staats-Brabant (Brabante dos Estados), aproximadamente correspondía á actual provincia de Brabante Setentrional.
- Staats-Vlaanderen (Flandres dos Estados), o actual Flandres zelandés.
- Staats-Opper-Gelre (Gelre dos Estados) (parte do ducado de Gelre, en torno a Venlo. Gran parte do ducado permaneceu en poder dos españois e foi anexionado posteriormente por Prusia en 1702. Outra parte pasou a ser de soberanía austríaca.
- Staats-Limburg (Limburgo dos Estados) ou Staats-Overmaas, a comarca de Maastricht ademais doutras partes da actual provincia neerladesa de Limburgo.
- Westerwolde e Wedde, no sueste da actual provincia de Groninga, que formou parte das terras da Xeneralidade entre 1594 e 1619. Posteriormente incorporáronse á citada provincia.
Outras rexións fóra de Europa tamén estaban administradas nominalmente polos Estados Xerais como, por exemplo Staten Island en Nova Ámsterdan (actualmente un dos barrios de Nova York) ou Stateneiland (illa dos Estados) na costa meridional da Arxentina.
Outras zonas que, a pesar de non seren Terras da Xeneralidade nin provincias da República, estaban ligadas a ela, eran:
- a Rexión de Drenthe
- o Condado de Frisia Oriental
- o Condado de Lingen
- o Condado de Buren
- o Señorío de Ameland
- o Señorío de Vianen (até 1725)
- o Señorío de Culemborg (até 1720)
- o Condado de Leerdam
- o Señorío de Asperen
- a Baronía de Ijsselstein
- o Condado de Megen
- o Señorío de Bokhoven
- a Parroquia de Oeffelt
- a Baronía de Boxmeer
- o Señorío de Batenburg
- o Señorío de Ravenstein
- a vila de Luyksgestel (Principado de Liexa)
- o Condado de Bergh (Prusia)
- as parroquias de Liemers, Huissen, Wehl e Gennep
- o Mestrado de Gemert (Orde Teutónica)