Superbird
Superbird é o nome dunha serie de satélites de comunicacións xaponeses en órbita xeoestacionaria.[1]
Superbird A, A1, B e B1
[editar | editar a fonte]Os catro primeiros satélites Superbird foron lanzados entre 1989 e 1992, cun deles (Superbird B) non chegando a órbita a causa de problemas co foguete lanzador. Tiñan unha masa de 2800 kg e estaban baseados no bus SSL-1300, con 23 transpondedores en banda Ku, 3 en banda K e 2 en banda X. Os catro foron lanzados mediante foguetes Ariane 4.[2]
Superbird C
[editar | editar a fonte]Superbird C foi lanzado o 28 de xullo de 1997 mediante un foguete Atlas-2AS. Tiña unha masa de 3130 kg usando o bus HS-601 e 24 transpondedores para banda Ku a bordo. Foi retirado de servizo en 2015.[3]
Superbird B2
[editar | editar a fonte]Superbird B2, tamé coñecido como Superbird 4, foi posto en órbita mediante un foguete Ariane 4 o 18 de febreiro de 2000. Tiña unha masa de 4057 kg usando o bus HS-601HP. A bordo levaba 28 transpondedores en banda Ku, 6 en banda Ka e un direccional en banda Ku.[4]
Superbird D
[editar | editar a fonte]Superbird D recibiu tamén os nomes de N-SAT 110, JCSat 110, JCSat 7, e Superbird 5. Tiña unha masa de 3531 kg usando o bus A2100AX e levaba 24 transpondedores en banda Ku. Foi lanzado o 6 de outubro de 2000 mediante un Ariane 4.[5]
Superbird A2
[editar | editar a fonte]Superbird A2 ou Superbird 6 foi lanzado mediante un foguete Atlas-2AS o 16 de abril de 2004. Cunha masa de 3100 kg e usando o bus BSS-601, levaba 23 transpondedores en banda Ku e 4 en banda Ka. O satélite non foi posto definitivamente en servizo debido a problemas na súa órbita: o satélite foi inxectado nunha órbita supersíncrona sen ter en conta o efecto gravitatorio da Lúa, o que causou alteracións no perixeo do satélite e un gasto excesivo de propelente.[6]
Superbird C2
[editar | editar a fonte]Superbird C2 ou Superbird 7 foi lanzado mediante un Ariane 5 o 14 de agosto de 2008. Tiña unha masa de 4820 kg e usaba o bus DS-2000. Levaba 28 transpondedores en banda Ku a bordo.[7]
Superbird B3
[editar | editar a fonte]Superbird B3, tamén coñecido como Superbird 8, DSN 1 e Kirameki 1, foi lanzado o 5 de abril de 2018 mediante un Ariane 5. Te unha masa de 5348 kg e usa o bus DS-2000 de Mitsubishi. O satélite foi danado en 2016 durante o seu transporte, o que atrasou o seu lanzamento dous anos mentres era arranxado.[8]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7][8] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
Superbird A | 5 de xuño de 1989 | Ariane 4 | Éxito |
Superbird B | 22 de febreiro de 1990 | Ariane 4 | Fallo |
Superbird B1 | 26 de febreiro de 1992 | Ariane 4 | Éxito |
Superbird A1 | 1 de decembro de 1992 | Ariane 4 | Éxito |
Superbird C | 28 de xullo de 1997 | Atlas-2AS | Éxito |
Superbird B2 | 18 de febreiro de 2000 | Ariane 4 | Éxito |
Superbird D | 6 de outubro de 2000 | Ariane 4 | Éxito |
Superbird A2 | 16 de abril de 2004 | Atlas-2AS | Éxito |
Superbird C2 | 14 de agosto de 2008 | Ariane 5 | Éxito |
Superbird B3 | 5 de abril de 2018 | Ariane 5 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Superbird" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird A, A1, B, B1" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird C" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 4 (Superbird B2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "N-SAT 110 (JCSat 110, JCSat 7, Superbird 5 (D))" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 6 (Superbird A2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Superbird 7 (Superbird C2)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "DSN 1 / Superbird 8 (Kirameki 1 / Superbird B3)" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022.