Nervio estatoacústico
Aparencia
(Redirección desde «Nervio auditivo»)
Nervio estatoacústico | |
---|---|
O curso e as conexións do nervio facial no óso temporal. | |
Inferior view of the human brain, with the cranial nerves labelled. | |
Gray: | subject #203 |
Ramas | Nervio coclear, Nervio vestibular |
MeSH | Vestibulocochlear+Nerve |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
O nervio estatoacústico, nervio auditivo ou nervio vestibulococlear é o oitavo dos doce pares craniais. O seu nome débese á súa dobre función de audición e sensitivo para información nociceptiva. Leva a información dende o aparello auditivo ó cerebro. De camiño de oído ó cerebro atravesa o conduto auditivo interno, que se atopa no óso temporal.
Composición do nervio
[editar | editar a fonte]O VIII par cranial está composto por tres feixes:
- Nervio coclear: recibe información do órgano de Corti de tipo auditivo. Lévaa ó córtex temporal.
- Nervio vestibular superior: recolle información do utrículo e dos condutos semicirculares superior e externo.
- Nervio vestibular inferior: recolle información do sáculo e conduto semicircular posterior.
Funcións
[editar | editar a fonte]Dúas funcións:
- Auditiva: procede do órgano de Corti, pasa a través do nervio coclear e núcleo coclear, chega ós núcleos auditivos do troncoencéfalo e ó córtex auditivo, xeralmente no córtex temporal.
- Nociceptiva: recollida polos nervios vestibulares. Permite obter información da posición da testa.
Lesións
[editar | editar a fonte]Unha lesión no feixe coclear produce xordeira do oído afectado. Nos outros feixes, prodúcense diversos síntomas: vertixe, perda de equilibrio etc.
Relacións
[editar | editar a fonte]Atópase intimamente ligado co óso temporal. No interior do conduto auditivo interno relaciónase tamén co VII par cranial (nervio facial e intermediario de Wrisberg).