Jim Lovell
Aparencia
(Redirección desde «James Lovell»)
James Arthur Lovell Jr., nado en Cleveland, Ohio, o 25 de marzo de 1928, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lovell graduouse pola Universidade de Wisconsin e a Academia Naval dos Estados Unidos en 1952, na escola de pilotos de probas de Patuxent River en 1958 e en seguridade aérea pola Universidade do Sur de California en 1961.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13 e pasando un total de 29,79 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lovell, James Arthur Jr 'Shaky'" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1994). "JAMES A. LOVELL (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jim Lovell |