Interleucina 4
Interleucina 4 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Análise da estrutura en solución da interleucina humana 4 determinada por técnicas de resonancia magnética nuclear tridimensionais. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | IL4 | ||||||||
Pfam | PF00727 | ||||||||
Pfam clan | CL0053 | ||||||||
InterPro | IPR002354 | ||||||||
PROSITE | PDOC00655 | ||||||||
SCOPe | 2int / SUPFAM | ||||||||
|
A interleucina 4 (IL-4 ou IL4) é unha citocina do grupo das interleucinas que induce a diferenciación das células T colaboradoras virxes (células Th0) a células Th2. Unha vez que as células Th2 foron activadas pola acción da IL-4, estas producen cantidades adicionais de IL-4 nun bucle de retroalimentación positiva. A célula que produce inicialmente a IL-4, e que causou así a diferenciación da Th0, non foi aínda identificada con certeza, pero estudos recentes indican que estas células efectoras poden ser os basófilos.[1] A IL-4 está estreitamente relacionada coa interleucina 13 e ambas as dúas teñen funcións similares.
Función
[editar | editar a fonte]Ten varias funcións biolóxicas entre as que están a estimulación da proliferación de células B e T activadas, e a diferenciación das células B en células plasmáticas. É un regulador clave nas inmunidades humoral e adaptativa. A IL-4 induce na célula B o cambio de clase ás IgE, e regula á alza a produción de MHC de clase II. A IL-4 fai diminuír a produción de células Th1, macrófagos, IFN-gamma, e IL-12 en células dendríticas.
A sobreprodución de IL-4 está asociada a alerxias.[2]
Inflamación e reparación de feridas
[editar | editar a fonte]Os macrófagos dos tecidos xogan un importante papel na inflamación crónica e na curación de feridas. A presenza de IL-4 nos tecidos extravasculares promove a activación alternativa dos macrófagos en células M2 e inhibe a activación clásica dos macrófagos en células M1. O incremento de macrófagos reparadores (M2) está acoplado coa secreción de IL-10 e TGF-β que teñen como resultado a diminución da inflamación patolóxica. A liberación de arxinase, prolina, poliaminases e TGF-β por parte da célula M2 activada está ligada coa reparación de feridas e a fibrose.[3]
Receptor
[editar | editar a fonte]O receptor da interleucina 4 chámase IL-4Rα. Este receptor pode atoparse formando parte de tres complexos diferentes no corpo. Os receptores de tipo 1 están compostos da subunidade IL-4Rα cunha cadea γ común e únense especificamente á IL-4. Os receptores de tipo 2 constan dunha subunidade IL-4Rα unida a unha subunidade diferente chamada IL-13Rα1. Estes receptores de tipo 2 teñen a capacidade de unirse tanto a IL-4 coma a IL-13, dúas citocinas con funcións biolóxicas moi relacionadas.[4][5]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A IL-4 presenta un pregamento globular compacto (similar ao doutras citocinas), estabilizado por 3 pontes disulfuro.[6] Unha metade da estrutura está dominada por un feixe de hélices alfa con xiro levoxiro.[7] As hélices son antiparalelas, con dúas conexións colgantes, que caen formando unha folla beta antiparalela de dúas febras.[7]
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Esta citocina foi codescuberta por Maureen Howard e William Paul[8] e a Dra. Ellen Vitetta e o seu grupo de investigación en 1982.
A secuencia de nucleótidos da IL-4 humana foi illada catro anos despois confirmando a súa semellanza cunha proteína de rato chamada factor-1 estimulador de célula B (BCSF-1).[9]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]A IL-4 tamén favorece a mitoxénese, desdiferenciación, e metástases no rabdomiosarcoma.[10] A IL-4, xunto con outras citocinas de Th2, están implicadas na inflamación das vías aéreas observada nos pulmóns de pacientes con asma alérxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sokol, C.L., Barton, G.M., Farr, A.G. & Medzhitov, R. (2008). "A mechanism for the initiation of allergen-induced T helper type 2 responses". Nat Immunol 9 (3): 310–318. PMID 18300366. doi:10.1038/ni1558.
- ↑ Hershey, Gurjit K. Khurana; Friedrich, Michal F.; Esswein, Laura A.; Thomas, Matthew L.; Chatila, Talal A. (1997-12-11). "The Association of Atopy with a Gain-of-Function Mutation in the α Subunit of the Interleukin-4 Receptor". New England Journal of Medicine 337 (24): 1720–1725. ISSN 0028-4793. PMID 9392697. doi:10.1056/NEJM199712113372403.
- ↑ Jon Aster, Vinay Kumar, Abul K. Abbas; Nelson Fausto (2009). Robbins & Cotran Pathologic Basis of Disease (8th ed.). Philadelphia: Saunders. p. 54. ISBN 1-4160-3121-9.
- ↑ Maes T, Joos GF, Brusselle GG (September 2012). "Targeting interleukin-4 in asthma: lost in translation?". Am. J. Respir. Cell Mol. Biol. 47 (3): 261–70. PMID 22538865. doi:10.1165/rcmb.2012-0080TR.
- ↑ Chatila TA (October 2004). "Interleukin-4 receptor signaling pathways in asthma pathogenesis". Trends Mol Med 10 (10): 493–9. PMID 15464449. doi:10.1016/j.molmed.2004.08.004.
- ↑ Carr C, Aykent S, Kimack NM, Levine AD (February 1991). "Disulfide assignments in recombinant mouse and human interleukin 4". Biochemistry 30 (6): 1515–23. PMID 1993171. doi:10.1021/bi00220a011.
- ↑ 7,0 7,1 Walter MR, Cook WJ, Zhao BG, Cameron RP, Ealick SE, Walter RL, Reichert P, Nagabhushan TL, Trotta PP, Bugg CE (October 1992). "Crystal structure of recombinant human interleukin-4". J. Biol. Chem. 267 (28): 20371–6. PMID 1400355.
- ↑ Howard M, Paul WE (1982). "Interleukins for B lymphocytes". Lymphokine Res. 1 (1): 1–4. PMID 6985399.
- ↑ Yokota T; et al. (1986). "Isolation and characterization of a human interleukin cDNA clone, homologous to mouse B-cell stimulatory factor 1, that expresses B-cell- and T-cell-stimulating activities". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 83 (16): 5894–8. PMC 386403. PMID 3016727. doi:10.1073/pnas.83.16.5894.
- ↑ Hosoyama T, Aslam MI, Abraham J, Prajapati SI, Nishijo K, Michalek JE, Zarzabal LA, Nelon LD, Guttridge DC, Rubin BP, Keller C (May 2011). "IL-4R Drives Dedifferentiation, Mitogenesis, and Metastasis in Rhabdomyosarcoma". Clin Cancer Res 17 (9): 2757–2766. PMC 3087179. PMID 21536546. doi:10.1158/1078-0432.CCR-10-3445.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Apte SH, Baz A, Kelso A, Kienzle N (2008). "Interferon-gamma and interleukin-4 reciprocally regulate CD8 expression in CD8+ T cells". Proc Natl Acad Sci U S A. 105 (45): 17475–80. PMC 2580749. PMID 18988742. doi:10.1073/pnas.0809549105.
- Kay AB, Barata L, Meng Q; et al. (1997). "Eosinophils and eosinophil-associated cytokines in allergic inflammation". Int. Arch. Allergy Immunol. 113 (1–3): 196–9. PMID 9130521. doi:10.1159/000237545.
- Marone G, Florio G, Petraroli A, de Paulis A (2001). "Dysregulation of the IgE/Fc epsilon RI network in HIV-1 infection". J. Allergy Clin. Immunol. 107 (1): 22–30. PMID 11149986. doi:10.1067/mai.2001.111589.
- Marone G, Florio G, Triggiani M; et al. (2001). "Mechanisms of IgE elevation in HIV-1 infection". Crit. Rev. Immunol. 20 (6): 477–96. PMID 11396683. doi:10.1615/critrevimmunol.v20.i6.40.
- Maeda S, Yanagihara Y (2001). "[Inflammatory cytokines (IL-4, IL-5 and IL-13)]". Nippon Rinsho 59 (10): 1894–9. PMID 11676128.
- Izuhara K, Arima K, Yasunaga S (2003). "IL-4 and IL-13: their pathological roles in allergic diseases and their potential in developing new therapies". Current drug targets. Inflammation and allergy 1 (3): 263–9. PMID 14561191. doi:10.2174/1568010023344661.
- Copeland KF (2006). "Modulation of HIV-1 transcription by cytokines and chemokines". Mini reviews in medicinal chemistry 5 (12): 1093–101. PMID 16375755. doi:10.2174/138955705774933383.
- Olver S, Apte S, Baz A, Kienzle N (2007). "The duplicitous effects of interleukin 4 on tumour immunity: how can the same cytokine improve or impair control of tumour growth?". Tissue Antigens 69 (4): 293–8. PMID 17389011. doi:10.1111/j.1399-0039.2007.00831.x.
- Sokol CL, Chu NQ, Shuang Yu, Simone Nish, Terri Laufer & Ruslan Medzhitov (2009). "Basophils function as antigen-presenting cells for an allergen-induced T helper type 2 response". Nature Immunology 10 (7): 713–720. PMC 3252751. PMID 19465907. doi:10.1038/ni.1738.
- Sokol CL, Chu NQ, Yu S, Nish SA, Laufer TM, Medzhitov R (xullo de 2009). "Basophils function as antigen-presenting cells for an allergen-induced T helper type 2 response". Nat. Immunol. 10 (7): 713–20. PMC 3252751. PMID 19465907. doi:10.1038/ni.1738.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Interleukin-4 Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- Interleukin 4 Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Gentaur
- Recombinant Human Interleukin-4 da Universidade Cornell
- Interleukin-4 no Glosario de Alerxias en Health On the Net Foundation
- Este artigo incorpora texto en dominio público de Pfam e InterPro - IPR002354.