Saltar ao contido

A Fonsagrada

(Redirección desde «Fonsagrada»)
Modelo:Xeografía políticaA Fonsagrada
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°08′00″N 7°04′00″O / 43.133333333333, -7.0666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalA Fonsagrada Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.186 (2023) Editar o valor en Wikidata (7,33 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie434,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude952 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Fonsagrada Editar o valor en WikidataArgelio Fernández Queipo Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Fonsagrada Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27.100 A Fonsagrada (Casco Urbano) e 27... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27018 Editar o valor en Wikidata

Páxina webfonsagrada.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451094

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O xentilicio é «fonsagradino»,[1] «buroego»[2] ou «brañego».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 3.589 (2018)
Menores de 15 anos 176 (4,90 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (54,81 %)
Maiores de 65 anos 1.446 (40,28 %)

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación da Fonsagrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
17.302 15.807 13.925 9.392 5.007 4.412 4.309 4.198 4.059 3.960 3.838 3.768 3.670 3.589 3.465 3.389 3.328
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome da Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' [3]).

[editar | editar a fonte]
  • Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados [4].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares da Fonsagrada

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fonsagradino.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx 107. ISBN 978-84-9865-892-1
  4. Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.